A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Medio Ambiente e Montes>
  4. O SLG apoia a veciñanza de Lesta contra a construción dun vertedoiro nunha zona con alta carga agrogandeira

O SLG apoia a veciñanza de Lesta contra a construción dun vertedoiro nunha zona con alta carga agrogandeira

26 de Agosto do 2016

Lixo Sogama

O Sindicato Labrego Galego quere expresar o seu apoio e solidariedade coa veciñanza da parroquia de Lesta, en Ordes, pola ameaza de construción dun vertedoiro pola empresa Reciclaje Ambiental Lesta SL. Esta parroquia ordense ten unha forte actividade gandeira, principalmente en produción de leite, e a intención da empresa promotora é construír o vertedoiro nunha zona de concentración parcelaria. Ademais, este proxecto non só afectará as explotacións agrarias... 

...senón que o resto da poboación tamén se verá damnificada polo impacto medioambiental que vai supoñer, especialmente sobre a calidade do aire e sobre as augas fluviais que discorren por zonas de consumo tan importantes e poboadas como o concello de Santiago de Compostela.

Por todo isto, o Sindicato Labrego Galego apoiará accións como a recollida de sinaturas contra o vertedoiro ou a creación dunha plataforma comarcal que nos defenda deste e doutros proxectos similares que se pretendan levar a cabo; neste senso, cómpre lembrar que, recentemente, pretendeuse desenvolver un proxecto semellante na parroquia de Campo, no concello de Trazo.

De maneira inmediata, o SLG convocará a súa afiliación ao pleno extraordinario no concello de Ordes no que se someterán a debate o rexeitamento da instalación deste vertedoiro e da centralización do almacenamento e xestión do lixo de toda Galiza na comarca de Ordes; e proporcionar protección no PXOM á poboación da ra de San Antón (especie protexida), clasificando como Solo de Especial Protección de Augas a totalidade do sistema fluvial que alimenta o caudal do Rego da Lesta. 

Convocatoria Lesta