A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Medio Ambiente e Montes>
  4. O Sindicato Labrego Galego esixíu onte en Zaragoza o dereito a unha agricultura e alimentación libres de transxénicos

O Sindicato Labrego Galego esixíu onte en Zaragoza o dereito a unha agricultura e alimentación libres de transxénicos

19 de Abril do 2009

carme freire en zaragoza2

Na mañá de onte tivo lugar en Zaragoza a primeira manifestación históricamente multitudinaria na contra dos organismos modificados xenéticamente (OXM´s) celebrada no Estado español.

Tras o percorrido, Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do SLG, deu lectura ao manifesto canda un labrego aragonés que recentemente sufríu a contaminación da súa plantación de millo ecolóxico por mor do millo transxénico da multinacional Monsanto.

zrgzp8

Charo Sánchez Parga, Secretaria de Medioambiente, Terra e Montes no SLG e representante do Sindicato Labrego Galego na Plataforma Galega Antitransxénicos (PGA)  canda Analía Moares, representante de Amigas da Terra na PGA,  sostendo un cadaleito como representación da morte da agricultura tradicional a mans das multinacionais da biotecnoloxía.

(*) máis fotos na galería

 

Na mesma semana en que Alemaña vén de prohibir o millo transxénico MON810, do cal o Estado é o maior produtor de Europa con máis de quince mil hectáreas sementadas, ao redor de seis mil persoas chegadas de tódalas partes da Península amosaron o seu firme rexeitamento aos modelos de produción alimentares baseados na manipulación xenética e o emprego de fortes pesticidas imposto polas multinacionais da alimentación e da industria farmacéutica.

 

zrgzp4

 

Dende a Galiza, unha delegación de setenta persoas acudiron en representación do Sindicato Labrego Galego (SLG) -unha das organizacións convocantes da mobilización-, a Plataforma Galega Antitransxénicos (PGA) e a Rede Anticapitalista Galega (Ra!).

zrgzp7

 

Consignas como “ En Aragón, transxénicos non”, “Queremos descendentes e non mortos viventes”, “Na Galiza, sen transxénicos”, “Elena Espinosa, adícate a outra cousa” ou “Labregas somos, labregas seremos e contra a Monsanto nós poderemos” foron acompañadas polas galegas e galegos, desprazados a Zaragoza da man do SLG e PGA, con música, disfraces e mesmo un cadaleito co que simbolizaron a morte da agricultura tradicional por mor do apoio dos gobernos e empresas a un modelo de produción alimentar industrial.

zrgzp10

 
     

Tras o percorrido, Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do SLG, deu lectura ao manifesto canda un labrego aragonés que recentemente sufríu a contaminación da súa plantación de millo ecolóxico por mor do millo transxénico da multinacional Monsanto.

zrgzp5

 

Aragón foi definido como a “zona cero” da produción transxénica por parte das organizacións labregas, sociais e ecoloxistas do Estado presentes en Zaragoza.

 

OBTERÁN MÁIS INFORMACIÓN CONTACTANDO CON

Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do SLG,

TLF: 619 348 426

Charo Sánchez Parga, Secretaria de Medio Ambiente e Agroecoloxía no SLG e representante do Sindicato Labrego Galego na Plataforma Galega Antitransxénicos

TLF: 669 651 700


 zrgzp9

 

Enlaces á nova nos medios de comunicación:

 

http://www.elcorreogallego.es/gente-y-comunicacion/ecg-h/colectivos-gallegos-protesta-zaragoza-transgenicos/idEdicion-2009-04-19/idNoticia-417762/

http://www.elpais.com/videos/sociedad/Manifestacion/cultivos/transgenicos/Zaragoza/elpvidsoc/20090418elpepusoc_2/Ves/

http://www.20minutos.es/imagen/952158

http://www.diariovasco.com/multimedia/videos/sociedad/manifestacion-contra-transgenicos-zaragoza-744893.html

http://www.rtve.es/noticias/20090417/agricultores-ecologistas-salen-calle-para-decir-los-transgenicos/265915.shtml

http://www.rtve.es/mediateca/videos/20090418/zaragoza-manifiesta-contra-los-transgenicos/481269.shtml
http://www.elcorreogallego.es/gente-y-comunicacion/ecg-h/colectivos-gallegos-protesta-zaragoza-transgenicos/idEdicion-2009-04-19/idNoticia-417762/
http://www.heraldo.es/index.php/mod.noticias/mem.detalle/idnoticia.45405
http://www.europapress.es/galicia/noticia-100-representantes-colectivos-gallegos-participaron-zaragoza-manifestacion-contra-transgenicos-20090418194030.html
http://www.elperiodicodearagon.com/noticias/noticia.asp?pkid=492116
http://es.euronews.net/2009/04/18/varios-miles-de-personas-se-manifiestan-en-espana-contra-el-maiz-transgenico/
http://www.mokanews.es/d/A57D2D0C-B820-47C5-BAE5-4E1BCC13351E/manifestacion-en-zaragoza-contra-los-transgenicos