A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Medio Ambiente e Montes>
  4. O SLG considera impresentábeis as declaracións da ministra Espinosa en resposta á pregunta sobre OXM´s realizada o 28 de abril polo BNG no Congreso das Diputadas/os

O SLG considera impresentábeis as declaracións da ministra Espinosa en resposta á pregunta sobre OXM´s realizada o 28 de abril polo BNG no Congreso das Diputadas/os

30 de Abril do 2009

etiqueta transx

En resposta a unha pregunta por iniciativa do  BNG, á ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, Elena Espinosa, rexeitou no Pleno do Senado do 28 de abril prohibir o cultivo de transxénicos no Estado español,  amosando  a postura favorábel do Goberno respeito aos Organismos Modificados Xeneticamente (OMX).

En resposta a unha iniciativa do senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, á ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, Elena Espinosa rexeitou no Pleno do Senado do 28 de abril prohibir no Estado español o cultivo de transxénicos e amosou a postura favorábel do Goberno respeito aos Organismos Modificados Xeneticamente (OMX).

O SLG lamenta e considera impresentábel a postura da ministra en base as cuestións prantexadas arredor dos OXM´s.

Diante da pregunta de se o MARM tiña constancia de solicitudes de ensaios na Galiza para o 2009, así coma os concellos onde se realizarían, o Ministerio manifestou sen albisco de vergoña que “descoñece” as solicitudes, afirmando que non teñen constancia: “o marco regulador dos OMX é a Unión Europea, que os autorizou dende 1998 en base ás avaliacións científicas da Axencia Europea de Seguridade Alimentar, que elabora un informe preliminar sobre cada organismo, que é sometido a información pública e ao que poden presentar alegacións tanto os Estados como os cidadáns”.

A falla total de coordinación entre as Administracións (central e autonómica, principalmente), así coma o descoñecemento das funcións que lles son atribuídas en relación á protección e defensa do medio ambiente e da saúde das persoas, deixa ante unha total desprotección xurídica á cidadanía que pretende obter información ambiental, á que está totalmente lexitimada para a salvagarda de intereses sociais, isto é: a saúde das persoas e do medio ambiente.

Dende o SLG, abraiadas e abraiados, preguntamos: Que pasou coas solicitudes de ensaio ás cales a Plataforma Galega Antitransxénicos fixo alegacións concretas e solicitou información sobor da ubicación das mesmas? O 22 de xaneiro a PGA alertaba destas mesmas solicitudes , resulta chamativo que o Ministerio non lembre estas solicitudes.

Polo tanto, @s autores/as das normas son, neste caso, @s primeiras/os en incumprilas, deixando baleiras de contido as devandita lexislación, ficando a prol da actividade empresarial “ilegal” e na contra da protección e salvagarda do medio ambiente e da saúde das persoas.

O SLG comparte a demanda ao Goberno de que “prohiba estes cultivos, ao igual que fixeron os países do noso entorno, como medida de precaución e para evitar que unhas poucas multinacionais controlen a nosa alimentación”, enunciada polo BNG.

Resultan insultantes as declaracións da ministra que defendeu o cultivo de millo transxénico no Estado español –máis de 80.000 hectáreas en 2008, a maior superficie da UE- alegando que “a produción de cereais no Estado é insuficiente para alimentar a nosa cabana gandeira, o que nos obriga a importar cereais de Arxentina, Brasil ou Estados Unidos, países que cultivan organismos modificados xenéticamente”.

Dende o SLG, lamentamos ditas declaracións xa que poñen en evidencia a falla de iniciativas de cara a conseguir o autoabastecemento e a independencia das nosas explotacións, de cara a camiñar cara una soberanía alimentar na contra de apoiar o modelo intensivo e agrotóxico que lideran as grandes multinacionais.

É mais importante para o ministerio que o balance de contas destas multinacionais sega medrando ou manter explotacións e o noso medio rural vivo?

As declaracións da ministra son claramente contraditorias, xa que onte tamén afirmaba que o español é un dos estados con máis superficie en produción ecolóxica, malia que resulta claro que non se pode pretender que convivan dous sistemas de produción de alimentos claramente antagónicos, revelándose hipócritas as súas declaracións o respecto.

Dende o SLG esixímoslle ao Ministerio que aclare a súa postura neste tema e que tome as medidas necesarias ao igual que fixeron outros estados membros, de cara a acollerse á Cláusula de Salvagarda e prohiba o cultivo de OXM,s no territorio do Estado, ademais de desenvolver normas e mecanismos que permitan ás comunidades autónomas protexerse deste ataque contra a nosa biodiversidade e o noso sector produtor de alimentos.

Pedímoslle á ministra que aclare as declaracións referidas a que os OXM´s que se cultivan no Estado “están autorizados pola Axencia Europea de Seguridade Alimentar, e polo tanto o Goberno terá en conta sempre os informes científicos” que concluíu asegurando que “unha decisión do Goberno noutro sentido –prohibindo estes cultivos- sería contraria á normativa comunitaria sobre OXM´s e exporíanos a ser sancionados pola Unión Europea”.

Acaso os estados membros que se acolleron á clausura de salvagarda están sancionados pola UE?