A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Medio Ambiente e Montes>
  4. Medra a oposición aos organismos xeneticamente modificados. Ames enceta na Galiza a Semana de Loita contra os Transxénicos.

Medra a oposición aos organismos xeneticamente modificados. Ames enceta na Galiza a Semana de Loita contra os Transxénicos.

6 de Abril do 2010

charo sanchez parga

Na mañá de hoxe, Charo Sánchez Parga, voceira da Plataforma Galega Antitransxénicos (PGA), debullou en rolda de prensa as últimas actuacións realizadas no tocante á loita contra a introdución de organismos xeneticamente modificados no noso país, ao tempo que adiantou algunhas das actividades que terán lugar na Galiza entre o 5 e o 17 de abril, enmarcadas na declarada Semana de Loita Estatal contra os Transxénicos, que cumiará cunha manifestación en Madrid o vindeiro sábado 171.

charo

Charo Sánchez Parga -Secretaria de Medio Ambiente, Terra e Montes do SLG e voceira da Plataforma Galega Antitransxénicos- na rolda de prensa desta mañá en Compostela.

 

Dende o seu artellamento no 2008, a día de hoxe son xa 41 os colectivos que dinamizan esforzos de xeito coordinado na PGA e 13 os concellos declarados libres de transxénicos, sendo Allariz o de máis recente incorporación, no pasado mes de febreiro.

 

  • Ao igual que no ano pasado, a Plataforma Galega Antitransxénicos asinou este ano a Declaración da Sociedade Civil contra o uso de Transxénicos na Agricultura e Alimentación2, así coma o Manifesto Global contra as patentes 2010.

  • En xaneiro e marzo deste ano presentamos alegacións3 diante do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño na contra do establecemento na Galiza de campos de experimentación das multinacionais Monsanto e Pioneer, respectivamente. Tamén se realizou un requerimento de solicitude de ubicación destas parcelas (dereito acollido na Lei 27/2006).

  • No pasado ano 2009, as alegacións presentadas tanto pola Plataforma coma pola Consellaría do Medio Rural impediron que se realizaran campos de ensaio no país. Cómpre salientar sen embargo, que malia a inexistencia destes campos de ensaio, en outubro do ano pasado fíxose pública4 a presenza de campos de estudo de millo de Monsanto e a realización de alomenos unha xornada publicitaria -na comarca de Ordes- na que deron conta das “melloras moleculares” acadadas.

 

  • No presente ano a actual Consellaría non rexistrou alegación algunha contra os campos experimentais solicitados por Pioneer. Tampouco figura como asistinte nas actas* da Comisión Nacional de Biotecnoloxía o seu representante, Ramón Jesús Lamelo Otero (Xefe de Área de Sanidade Vexetal da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria da Xunta da Galiza). Neste senso a PGA, que xa se reuniu con el o pasado mes de xullo, demandará proximamente unha entrevista a fin de aclarar a posición da Goberno galego.

  • Canda a adhesión de novas organizacións, e a declaración de concellos coma libres de transxénicos, constatamos que medrou tamén a demanda de charlas e actos informativos5, tanto en coordenación coa Plataforma coma por iniciativa de distintas asociacións e colectivos, ao tempo que a conciencia dos múltiples aspectos negativos dos organismos xenéticamente manipulados gañou presencia entre as demandas sociais máis visibilizadas.6

 

 

Xornada debate no concello de Ames

 

Na Galiza darase inicio ás actividades da Semana Estatal de Loita contra os Transxénicos o vindeiro venres 9 de abril no concello de Ames, onde terá lugar a xornada de debate Os transxénicos e a súa afección no medio e na alimentación, na Casa da Cultura de Bertamiráns.7

 

Nel participarán José Ramón Vidal, do Dpto. de Fisioloxía Vexetal da USC, Charo Sánchez, representante da Plataforma Galega Antitransxénicos e Noa Estévez, representante da Rede Galega de Consumo Consciente e Responsable.

 

O concello de Ames, declarado libre de transxénicos e pioneiro en iniciativas como o subministro de alimentos ecolóxicos de produción local nos seus comedores escolares, amosa un forte compromiso no que respecta a levar adiante actividades informativas para a cidadanía en materia de alimentos xenéticamente manipulados, presentando nesta ocasión unha xornada plural que proporcionará os puntos de vista tanto da comunidade científica, coma dos consumidores e consumidoras e de entidades críticas coma Plataforma Galega Antritransxéncios.

 

Continuando coa Semana de Loita Estatal, o sábado 10 de abril os colectivos integrantes da Iniciativa pola Soberanía Alimentaria dos Pobos (ISAP), moitos dos cales tamén pertencen á PGA, realizarán unha Feira e Xantar Agroecolóxico pola Soberanía Alimentar e Contra os Transxénicos8 en Santiago de Compostela.

 

O vindeiro martes 13  de abril, novamente na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela, realizaremos unha rolda de prensa para dar conta do transcurso das actividades enmarcadas na Galiza na Semana Estatal de Loita contra os Transxénicos así coma da participación da PGA na manifestación estatal do vindeiro 17 abril.

 

_________________

 

 

  1. http://noquierotransgenicos.wordpress.com/

  2. http://www.greenpeace.org/raw/content/espana/reports/declaraci-n-de-personalidades.pdf http://www.galizasentransxenicos.org/sites/default/files/Manifesto_Global_contra_as_patentes_2010.pdf

  3. http://www.galizasentransxenicos.org/?q=node/228

  4. http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2009/10/06/0003_8018063.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

  5. http://www.galizasentransxenicos.org/?q=node&page=1

  6. http://www.galizasentransxenicos.org/?q=node/246

  7. http://www.concellodeames.org/comunicacion/nova.php?lg=gal&id_nova=3806

  8. http://soberaniaalimentar.info/

 

*Acceso ás actas da Comisión Nacional de Biotecnoloxía: http://www.mma.es/portal/secciones/calidad_contaminacion/omg/cnb/actas_2.htm

 

*Arquivo para descarregar: audio 0.59¨¨, xornada debate en Ames.

Ficheiro adxunto