A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Medio Ambiente e Montes>
  4. 17 de abril: Día internacional das Loitas Labregas e manifestación Por unha agricultura e alimentación libres de OXM

17 de abril: Día internacional das Loitas Labregas e manifestación Por unha agricultura e alimentación libres de OXM

16 de Abril do 2010

loita labrega

Mañá, sábado 17 de abril, as organizacións membras da Coordinadora Europea da Vía Campesina organizarán una serie de accións e de manifestacións para conmemorar o Día internacional da Loita Labrega.

Di "Non!" ao control das multinacionais sobre a Agricultura e a Alimentación!

Para marcar este 17 de abril de 2010, e como cada ano, a Vía Campesina organiza un gran día de acción internacional. Este ano o tema é a loita contra as empresas multinacionais, as cales procuran o control completo sobre os sistemas agrícolas e alimentarios de todo o mundo.

En moitos países europeos organizaranse diferentes actividades para o 17 de abril, estando a atención fixada especialmente no Estado español, onde organizacións da sociedade civil entre as que nos atopamos o Sindicato Labrego Galego e a Plataforma Galega Antritransxénicos, participamos nunha semana de accións a nivel estatal que farán cumio mañá nunha grande manifestación en Madrid “Por unha alimentación e unha agricultura libre de OXM”.

A labrega Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG), canda un labrego da Coordinadora de Organizaciones Agrarias e Ganaderas (COAG), serán as persoas encarregadas de dar lectura ao manifesto co que rematará a mobilización convocada en todo Estado pola Plataforma Rural e Greenpeace.

 

Accións europeas:

 

En Francia, a Confédération Paysanne está organizando un picnic campesiño en Clermont l'Hault, seguido de debates sobre as loitas campesiñas e a loita contra os supermercados e as grandes distribuidoras.

 

En Suíza, Uniterre e L'autre Syndicat fan unha chamada para “dicir non ao negocio agrícola e ao o control das grandes distribuidoras na industria alimentaria", e organizan proxeccións de películas, mesas redondas e debates sobre estes asuntos.

 

En Turquía, Ciftci-SEN lanza unha grande manifestación campesiña contra as transformacións neoliberais das Leis sobre o Té.

 

En Roma, a Asociación italiana pola Agricultura Biolóxica (AIAB), asociada aos Amigos italianos do MST están organizando unha rolda de prensa sobre a soberanía alimentaria e os OXM, e está lanzando un proxecto de comercialización de azucre ecolóxico e xusto producido por unha cooperativa brasileira.

 

Moitas outras actividades e manifestacións terán lugar durante o día en diferentes cidades europeas.

 

Globalicemos a loita, globalicemos a esperanza.

 

Día da loita labrega.

 

O 17 de abril de 1996, dezanove campesiños sen terra do Brasil que estaban defendendo o seu dereito a producir alimentos a través da demanda de acceso á terra foron masacrados pola policía militar. Dende a masacre n´ O Dorado dos Carajas, cada ano nestas datas organízanse accións ao redor do mundo por organizacións de labregos e labregas, comunidades, grupos de estudantes, organizacións non gobernamentais e activistas, para esixir a soberanía alimentaria e o dereito dos labregos e labregas de alimentar ás súas comunidades.

 

oxms