A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Medio Ambiente e Montes>
  4. Carta aberta aos comisarios Dalli, Cioloş y Potočnik,

Carta aberta aos comisarios Dalli, Cioloş y Potočnik,

17 de Xuño do 2010

eurovia

A Coordenadora Europea Vía Campesina rexeita a proposta da Comisión Europea de modificar o proceso de decisión mediante o que se autoriza ou rexeita un cultivo xenéticamente modificado (XM), nun país membro.

 

Estimados Comisarios Dalli, Cioloş e Potočnik,

A Coordinadora Europea de Vía Campesiña está consternada logo da proposta da Comisión Europea de reformar os procesos de toma de decisións entre a UE e os países membro, que conlevará un aumento dos cultivos xeneticamente modificados (OXM) sementados e utilizados en Europa.

A proposta da Comisión (autorizar aos países a que apliquen unha lexislación estrita no ámbito da coexistencia entre cultivos XM e non-XM, dando facilidades aos estados para a “prohibición” de cultivos XM nos seus territorios) non é máis que un intento de facilitar a aprobación de XXM en Europa por parte dos estados, esquivando o punto morto ao que chegou o actual proceso de toma de decisións en Europa.

As cidadás e cidadáns europeos non desexan cultivos nin alimentos modificados xeneticamente. Isto quedou de manifesto en varias ocasións nas votacións do Consello, nas que moitos estados membro votaron en contra. A Comisión pretende agora fragmentar a oposición aos cultivos OXM a nivel europeo.

Unha política semellante nun asunto tan polémico é simple e sinxelamente inaceptable. O mercado único da UE non debería ser refén das empresas de tecnoloxía xenética.

Como podería un país prohibir aos seus labregos e labregas que compren e sementen sementes XM se estas comercialízanse legalmente e circulan libremente no mercado único? Como, se outros labregos e labregas en países veciños sementan estes mesmos cultivos sen restricións de ningún tipo? Ningún estado membro poderá resistir só durante moito tempo unha disputa na OMC se non conta co apoio da UE.

Unha “renacionalización” da toma de decisións no tema dos OXM levaría enormes dificultades en canto ás normas de competencia e o mercado único, ameazando a coherencia da Unión Europea.

Se a UE pretende deixar de cumprir os seus compromisos no seo da OMC e permitir que en Europa se desenvolvan políticas agrícolas baseadas na xustiza social e a Soberanía Alimentaria, entón congratulámonos de semellante decisión, pero non se os únicos beneficiados por esta decisión son as grandes empresas transnacionais de sementes e produtos químicos.

É certo que son necesarios cambios nos procesos de avaliación e autorización actualmente en vigor en Europa, pero estes deben perseguir unha mellora e fortalecemento dos mecanismos xa existentes, e non o seu enfraquecemento.

Visto que:

-a coexistencia da agricultura XM e non-XM non é posible

-a agricultura XM ten como consecuencia unha enorme perda de biodiversidade

-as grandes empresas transnacionales exercen unha gran influencia na EFSA (Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria), o cal impide que esta cumpra debidamente co seu mandato de avaliar o impacto dos OXM

-a Comisión ignorou reiteradamente os seus propios regulamentos pedindo avaliacións socioeconómicas, éticas e outras relacionadas1

-A biotecnoloxía e os OXM non son necesarios para alimentar á poboación mundial2

 

En lugar de facilitar o acceso ao mercado para as industrias de biotecnoloxía e sementes, a Comisión Europea debería apoiar e cultivar a grandeza e historia desenvolvida e cultivada polos agricultores europeos nos últimos 2000 anos.

 

Pedimos á Comisión Europea que reconsidere a súa proposta e así mesmo:

  • unha prohibición de carácter permanente en toda a UE para o cultivo e importación de cultivos e sementes OXM

  • apoio para o desenvolvemento de variedades vexetais sen manipulación xenética para protexer a biodiversidade europea

  • unha prohibición permanente das patentes de todo tipo sobre os xenes de animais e plantas

  • financiamento da UE para defender os dereitos dos agricultores tal e como o estipula o Tratado Internacional sobre os Recursos Fitoxenéticos para a Alimentación e a Agricultura

 

1Tal e como estipula o Regulamento EC 178/2002: “Admítese que, nalgúns casos, a determinación do risco non pode por si soa ofrecer toda a información na que debe basearse unha decisión relacionada coa xestión do risco, polo que han de terse debidamente en conta outros factores pertinentes de carácter sociolóxico, económico, tradicional, ético e ambiental, así como a viabilidade dos controis”

 

2Informe IAASTD