A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Medio Ambiente e Montes>
  4. Irregularidades na experimentación a ceo aberto con transxénicos na Galiza

Irregularidades na experimentación a ceo aberto con transxénicos na Galiza

17 de Septembro do 2010

rebrotes de millo o 150910

A denuncia da falta de control e seguimento sobre a experimentación con organismos xeneticamente modificados (OXM) na localidade de Mesía (A Coruña) revelou hoxe os fortes intentos de ocultar as irregularidades que arrodean a experimentación transxénica.

oxm

Imaxe da leira empregada para experimentación a ceo aberto con millo transxénico no concello de Mesía.

Antonte, mércores 15 de setembro, no marco do seguimento que a Plataforma Galega Antitransxénicos (PGA) está a facer da única parcela -segundo o Ministerio- para experimentación transxénica concedida en Galiza (en Mesía, a cargo da multinacional PIONEER), confirmamos o crecemento de rebrotes dos cultivos malia que, segundo informou a DG de Desarrollo Sostenible del Medio Rural (Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino, MARM) o pasado 12 de agosto, este ensaio fora destruído de xeito prematuro xa que “debido ás condicións climatolóxicas, a nascendencia das plantas de millo foi moi desigual[…] ” .

oxm leira oxm

Imaxes do rebrote de millo transxénico. No chan pódense observar os restos do cultivo experimental, destruído mais non eliminado como esixe a lei, mediante o soterramento fondo dos restos. [15/09/10]

 

O rebrote deste millo transxénico constitúe, entre outras, unha contundente ameaza ás plantacións de millo convencional próximas (moi abundantes na zona de Mesía), xa que a contaminación ten lugar mediante a polinización (vento, abellas), incontrolábel a ceo aberto.

Dende a Plataforma Galega Antitransxénicos procedemos rapidamente a rexistrar a primeira hora da mañá de hoxe, pasadas menos de 48hrs. dende o descubrimento desta ameaza ambiental, solicitudes de información dirixidas tanto ao Xefe de Servizo de Sanidade e Producción Vexetal - Dirección Xeral de Producción Agropecuaria (Consellaría do Medio Rural), como ao Presidente do Consejo Interministerial de Organismos Modificados Genéticamente (MARM)

En segundo lugar, para facermos a denuncia pública da total ausencia da execución dos protocolos de precaución normativos e a falta de control sobre a destrución do experimento, realizamos unha convocatoria de rolda de prensa in situ aos medios de comunicación con apenas dúas horas de anterioridade con respeito á mesma.

De xeito consciente, a falla de marxe na convocatoria tiña como obxectivo non facer pública as intencións de realizar esta denuncia, a fin de que non puideran ser destruídas as evidencias -os rebrotes- atopados na leira.

leira oxm leira oxm

Charo Sánchez e Analía Moares, voceiras da PGA, na rolda de prensa convocada na leira.

 

Á chegada das representantes da PGA (10:30 hrs. desta mañá), a leira amosaba evidencias da retirada manual dos pés de millo rebrotados.

Descoñecemos como se puido filtrar a información de que a PGA ía realizar esta acción de denuncia, máis tendo en conta que a xestión da mesma fíxose coa intensa discreción que estas respostas requiren.

Este suceso, ao noso entender, fala por si só do control e vixiancia ao que están sometidas as iniciativas en contra da imposición da tecnoloxía xenética.

Dende a Plataforma Galega Antitransxénicos, que a día de hoxe xa agrupa a 46 colectivos de toda Galiza, queremos expresar que este intento de bloquear a denuncia pública da neglixencia e falta de respecto polas medidas de control obrigatorias na experimentación con organismos xeneticamente modificado reforza a nosa loita e danos máis azos para seguir facendo fronte ás multinacionais da manipulación xenética e aos gobernos que as respalden.

 leira oxm


“(...)el ensayo podría detenerse y destruirse mediante la destrucción mecánica o la pulverización con un herbicida distinto del glifosato y del glufosinato, y mediante la incorporación en el suelo con un roturado profundo. Al final de la liberación, todo el material vegetal que no haya sido recogido para su análisis será destruido troceándolo e incorporándolo al suelo mediante un roturado profundo.” (Adxuntamos documentos completos “Medidas de Control-Pioneer” e “Evaluación de risco MARM”)

Exemplo de colectivos presionados polo lobbie transxénico: http://www.tierra.org/spip/spip.php?article1065

 

Apoyo a Seralini e o seu equipo, investigadores perseguidos por evaluar os riscos dos transxénicos sobre a saúde http://www.nodo50.org/lagarbancitaecologica/garbancita/index.php?option=com_content&view=article&id=406:gilles-eric-seralini-&catid=69:campana-contra-la-presidencia-espanola-de-la-ue&Itemid=81

Entrevista a Gilles-Eric Seralini. Referente europeo no estudio de agrotóxicos. “O glifosato estimula a morte das células de embrións humanos”http://www.ts.ucr.ac.cr/binarios/reconcep/reconc-00407.pdf

A Gradicela , A Xoaniña, AC Caleidoskopio, AC Foucelhas, ADEGA, ADENCO, AGHU, APEGA, Altermundo, Alternativas Nómadas, Amigos da Terra, Anacos da Cidade, Árbore, Asoc. Cultural Meiro, Asoc. Verea, AV Minas de Brea, CIG Servizos, CRAEGA, CS A Esmorga, CS A Gentalha do Pichel, CS A Revolta, CS Arrincadeira, Coto do Frade, Cova da Terra, Eirado, Erva, Eucaliptos Non, FEG, FugaEmRede, Fundación Sen Esquencer, Greenpeace, Implicadas no Desenvolvemento, Info-Transxenicos Tui, O Bandullo Ecolóxico, O Grelo Verde, Periodismo Consciente, Rede de Consumo Consciente, SPD Ponte Mazaira, Saramaganta, Semente, Sindicato Labrego Galego, tenda Ecoenvío, Grupo de Investigacion GIEEA Universidade Vigo, Verdegaia, Veterinarios Sen Fronteiras e Véspera de nada