A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Medio Ambiente e Montes>
  4. O Sindicato Labrego apoiou a manifestación do domingo en Carballo contra a minaría contaminante en Corcoesto

O Sindicato Labrego apoiou a manifestación do domingo en Carballo contra a minaría contaminante en Corcoesto

11 de Abril do 2013

O ouro non se bebe

O Sindicato Labrego Galego apoiou a manifestación convocada pola Plataforma en Defensa de Corcoesto e Bergantiños para o pasado 14 de abril, en Carballo. A razón principal do apoio a esta manifestación foi o rexeitamento absoluto do SLG ao proxecto mineiro da empresa canadense Edgewater Corporation para extraer ouro en Corcoesto polo irreversible impacto que tería o seu desenvolvemento nas actividades agrogandeiras e na vida do medio rural da bisbarra.

De seguido, reproducimos a convocatoria da Plataforma: 
 

"O vindeiro domingo 14 de Abril ás 12 h. convocada pola Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños e con saída dende o aparcamento do Haley,  terá lugar unha manifestación en Carballo contra a posíbel autorización por parte da Xunta de Galicia da mina de Corcoesto como pretende a empresa transnacional canadiana Edgewater. No remate da mesma  o escritor Manuel Rivas lerá o manifesto da Plataforma. 

Non imos a a entrar a analizar en detalle o que significaría a implantación da mina isto xa o realizamos en infinidade de casos e démoslo a coñecer a opinión pública por medio de conferencias, charlas, manifestos, comunicados públicos,......

Hoxe queremos salientar que esta será  a manifestación central das mobilizacións que estamos a facer nestes momentos e que continuaremos no tempo con novas iniciativas de información, organización e loita.

Hai que parar este proxecto que podería supoñer un grave precedente para que non veñan detrás outros  proxectos semellantes no noso país.Non é un problema de Corcoesto. Non é un problema de Bergantiños. Corcoesto é só a punta de lanza dunha inmensa desfeita programada de norte a sur: a veta Malpica-Tui.
Falemos agora, para que calen para sempre!
Espero verte a ti tamén o domingo ás 12:00 en Carballo (de paso, podes cubrir a nova de primeira man ;-)), para dicirlle á Xunta con voz alta e forte que Bergantiños, que Galiza, non quere esta mina destrutiva no seu territorio.Non é un problema de Corcoesto. Non é un problema de Bergantiños. Corcoesto é só a punta de lanza dunha inmensa desfeita programada de norte a sur: a veta Malpica-Tui.
Falemos agora, para que calen para sempre!
Espero verte a ti tamén o domingo ás 12:00 en Carballo (de paso, podes cubrir a nova de primeira man ;-)), para dicirlle á Xunta con voz alta e forte que Bergantiños, que Galiza, non quere esta mina destrutiva no seu territorio.

Non é un problema local de Corcoesto, Cereo e Valenza. Non é un problema de Cabana, Ponteceso e Coristanco. Non é un problema de Bergantiños. A mina Corcoesto é só a punta de lanza dunha inmensa desfeita programada de norte a sur: a veta Malpica-Tui. É un problema de toda Galiza.

O domingo 14 de Abril imos  dicirlle á Xunta con voz alta, clara e forte que Bergantiños, que Galiza, non quere esta mina destrutiva no seu territorio, que Galiza non está en venta ás multinacionais, que non imos permitir baixo ningún concepto a destrución e o esquilmamento do noso país.

 Esta manifestación convocada pola Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños, está apoiada como en ocasión anteriores por distintas organizacións sociais, políticas, agrarias, ecoloxistas, sindicais:   Adega, Verdegaia, rede Galiza Non se Vende, Senda Nova, Espazo Ecosocialista, Confederación Intersindical Galega, UC de Ferrol de CC.OO., Sindicato Labrego Galego, Bloque Nacionalista Galego, Alternativa Galega de Esquerdas,  Compromiso por  Galicia, Galiza Nova, Partido da Terra, Véspera de Nada, ASC O Iribio, Plataforma pola proteccion  da Serra do Galiñeiro, Foro Social de Cangas, Instituto de Estudios Bergantiñáns,  AA.VV. de Cereo, Contramínate de Laxe………

Esperemos que o éxito das mobilizacións realizadas e as futuras que convocaremos obriguen  á Xunta de Galicia a deixar a conivencia con Edgewater e non aprobe a declaración do proxecto como industrial estratéxico, faga caso ás voces discrepantes da propia administración pública e non vaia adiante esta auténtica barbaridade.

Corcoesto 12 de Abril de 2013"

SLG en Carballo