A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Medio Ambiente e Montes>
  4. O SLG apoia a manifestación en Xinzo contra a mina de feldespato e secundou a concentración da veciñanza de Corcoesto diante do Parlamento

O SLG apoia a manifestación en Xinzo contra a mina de feldespato e secundou a concentración da veciñanza de Corcoesto diante do Parlamento

25 de Abril do 2013

Non á mina en Xinzo

O Sindicato Labrego Galego apoia a manifestación do 27 de abril en Xinzo convocada pola Plataforma Veciñal Corno do Monte -composta por veciñas e veciños de Seoane de Oleiros, Fiestras, Laroá, San Pedro de Laroá, Rebordechá, Paredes, Moreiras e Faramontaos- en contra do proxecto mineiro Faramontaos 5089.1, de Minecer SL, para a extracción de feldespato.

Dende o SLG, animamos a toda a nosa afiliación na bisbarra da Limia a participar e apoiar a marcha de protesta que partirá do Museo do Entroido (rúa 2 de maio), as 12:00 horas.

O Sindicato Labrego Galego xa presentou alegacións contra este proxecto mineiro que ameaza máis de 400 hectáreas de terras de labor das máis fértiles de Galiza, cun potencial produtivo de 18 millóns anuais de quilos de pataca, e onde se fixeron fortes investimentos en agricultura entre os que se atopan tres concentracións parcelarias e as instalacións de regadío da Comunidade de Regadores Corno do Monte, que abastecen de auga 1,257 hectáreas.

Por outra banda, o SLG apoiou a concentración de protesta convocada pola Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños diante do Parlamento de Galiza, o 24 de abril, contra os proxectos mineiros e extracción de ouro de Edgewater en Corcoesto.

Manifestación XinzoCorcoesto Parlamento