A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Medio Ambiente e Montes: 2004

  1. Unha plataforma de organizacións e colectivos pedimos a retirada da proposta de revisión do Plan Forestal de Galicia

    Monte ordenado 5 de Outubro do 2018 · 

    O pasado 3 de outubro, unha comitiva de representantes de varias organizacións e colectivos sociais, na que se atopaba Diego Sánchez Agra en representación do Sindicato Labrego Galego, rexistrou na Xunta un documento no que se solicitaba a anulación da proposta de revisión do Plan Forestal de Galicia e a elaboración dun novo documento de consenso. O novo plan que se redacte debería partir dunha planificación e información actualizada do monte galego e tendo en conta “a diversidade de hábitats e especies, a multifuncionalidade de usos, o fomento do arborado autóctono, o mantemento dos servizos ecosistémicos que prestan os montes galegos e a sustentabilidade económica e social”.

  2. O SLG reúnese coa Valedora do Pobo para denunciar a indefensión das granxas cos ataques da fauna salvaxe

    Isabel Vilalba e Valedora 4 de Outubro do 2018 · 

    Unha comitiva do Sindicato Labrego Galego reuniuse en Compostela hoxe, 3 de outubro, coa Valedora do Pobo, Milagros Otero, para denunciar a indefensión e desamparo que sofren as nosas granxas polos continuos ataques da fauna salvaxe e polo abandono de funcións da Xunta de Galicia diante desta problemática. As persoas que representaron ao SLG foron a súa secretaria xeral, Isabel Vilalba Seivane; o responsábel do sector de Vacún de Carne, Lois Varela; e, por parte da Dirección do Leite, a súa coordinadora, Lupe Prado, e Eliseo Cebreiro.

  3. Os ataques do xabaril arrasan grandes áreas de praderías e cultivos e supoñen un dos principais problemas das granxas

    Xabaril 28 de Septembro do 2018 · 

    O Sindicato Labrego Galego organizou hoxe, 27 de setembro, unha rota polo municipio d'O Corgo para denunciar a desfeita que a poboación descontrolada de xabaril está a facer en praderías e cultivos das que dependen a economía das nosas granxas. Gandeiros de vacún como Manuel Ferreiro, Xosé Luís Fernández, Domingo Rodríguez ou Xosé Antonio López Fouz ensináronnos os estragos que fixo o porco bravo nos seus prados a pesares de telos perfectamente pechados, tal e como se recomenda para evitar os ataques de maneira preventiva.

  4. O SLG chama a participar na concentración do domingo en Ordes en defensa de aire, auga e terra limpas

    Concentración Ordes 27 de Septembro do 2018 · 

    O Sindicato Labrego Galego apoia a concentración que se levará a cabo este domingo, 30 de setembro, en Ordes baixo o lema “Aire, auga e terra limpos” e convocada por Non aos parques eólicos na comarca de Ordes, Asociación A Picota (Trazo), Comisión de Seguimento da Minaría e Defensa do Rural (Mesía) e Asociación de Afectad@s polo Vertedoiro de Lesta.

  1. Claudio Quintillan

    Claudio Quintillán, portavoz do Comité en Defensa do Monte Galego

    3 de Septembro do 2004 · 

    “O meirande das causas dos lumes forestais relaciónanse coa desvalorización do agro”

  2. Pura Seoane

    Pura Seoane Alvela, membro da Comisión Executiva e da Directiva do Sindicato Labrego Galego

    3 de Marzo do 2004 · 

    “A producción labrega é a saída á actual inseguridade que hai na alimentación”