A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Medio Ambiente e Montes: 2005

  1. O III Foro Labrego de Agreocoloxía no Fouce 322: Proxectos agroecolóxicos coa forza das redes e do colectivo

    Foro Agroecoloxía 3 de Decembro do 2018 · 

    A falta de espazo no Fouce 322 fixo que non puidésemos darlle unha extensión suficiente a varios contidos do III Foro Labrego de Agroecoloxía que foron do máis interesante. Un bo exemplo é o da palestra de proxectos agroecolóxicos celebrada o primeiro día, que convocou catro experiencias do máis diverso co denominador común de seren iniciativas cooperativas ou colectivas. De seguido, compartimos con vós o texto íntegro orixinal que tivemos que resumir para publicar na edición impresa do Fouce.

  2. Manifestación das Marchas da Dignidade o sábado en Touro contra a depredación empresarial da Galiza

    Marchas da Dignidade en Touro 26 de Novembro do 2018 · 

    Este sábado, 1 de decembro, as Marchas da Dignidade, das que formamos parte o SLG, convocamos unha manifestación contra a depredación que leva décadas sufrindo o noso territorio, de norte a sur e de leste a oeste, de Lourizán a Corcoesto, da Limia ao Courel, coa complicidade vasala do meirande das administracións con respecto aos intereses empresariais. O lugar para realizar a marcha será Touro, pola súa especial significación que acadou nos últimos meses nesta loita contra a depredación sen límites e para expresar o apoio das organizacións que formamos parte das Marchas da Dignidade á loita contra o proxecto de Atalaya Mining. De seguido, compartimos con vós o manifesto:

  1. Charo Sánchez Parga

    Entrevista con Charo Sánchez Parga, representante do sector ecolóxico na Dirección Nacional do SLG

    21 de Agosto do 2005 · 

    "A nova Lei de Coexistencia do Estado deixa desamparada á agricultura ecolóxica"