A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Medio Ambiente e Montes: 2007

  1. O PP rexeita o plan de choque contra a Velutina e seguirá coas medidas que permitiron a invasión do 70% da Galiza

    Velutina 21 de Decembro do 2017 · 

    Despois da intensa campaña que fixemos dende a Plataforma STOP Velutina para levar ao Parlamento de Galicia un plan de choque contra a avespa asiática, o Partido Popular acabou impoñendo a súa maioría absoluta, na sesión do 20 de decembro, contra as propostas non de lei presentadas por En Marea, BNG e PSOE neste sentido.

  2. Plan Forestal de Galicia: a Consellaría de Medio Rural comeza a casa polo tellado...

    Eucaliptos 20 de Decembro do 2017 · 

    O pasado luns, 18 de decembro, celebrouse unha nova xuntanza do Consello Forestal de Galicia na que a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, e o director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández Couto, presentaron a revisión do Plan Forestal de Galicia (PFG). Mentres a nosa equipa técnica está a estudar o documento, dende o Sindicato Labrego Galego queremos valorar a propia presentación do mesmo que se fixo por parte da Consellaría de Medio Rural e que, a nunha primeira impresión, semella que a revisión do PFG non vai mudar nada a política forestal da nosa terra.

  1. Rolda do OXM

    O SLG oponse á introdución dos transxénicos na agricultura ecolóxica aprobada polo Parlamento Europeo

    30 de Abril do 2007 · 

    Lidia Senra e Charo Sánchez Parga denunciaron a intención de Bruxelas de introducir os organismos xeneticamente manipulados "pola porta de atrás".

    A Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo aprobou, o 27 de febreiro, unha proposta de regulamento para o etiquetado de produtos ecolóxicos que permite unha presenza accidental de transxénicos do 0’9 % sen necesidade de informar no etiquetado; o 29 de marzo, o pleno parlamentario aprobou esa proposta, pero reducindo a un 0’1% a presenza adventicia de OXMs. Diante desta decisión, o Sindicato Labrego Galego ofreceu hoxe unha rolda de prensa para denunciar a introdución dos transxénicos no noso agro e nas nosas mesas "pola porta de atrás". 

  2. Congreso sobre viticultura ecolóxica

    Continúa a actividade formativa do SLG en viticultura ecolóxica

    30 de Abril do 2007 · 

    O pasado 21 de abril celebrouse na vila de Monforte a xornada "Ecoloxía e mercados en viticultura".

    Medio cento de viticultores e viticultoras das cinco denominacións de orixe galegas acudiron á cita do Sindicato Labrego Galego na Escola de Capacitación Agraria de Monforte onde, o 21 de abril, se celebrou a xornada "Ecoloxía e mercados en viticultura". Nela, relatores de Portugal, Navarra e Galiza analizaron as técnicas agrícolas e de manexo ecolóxico da viña, o miolo da comercialización do viño e, como non, os sabores e recendos dos caldos nunha cata comentada. Ao día seguinte, o curso tería a súa xornada de campo entre os viñedos da Ribeira Sacra.