A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Medio Ambiente e Montes: 2010

  1. charo sanchez parga

    Medra a oposición aos organismos xeneticamente modificados. Ames enceta na Galiza a Semana de Loita contra os Transxénicos.

    6 de Abril do 2010 · 

    Na mañá de hoxe, Charo Sánchez Parga, voceira da Plataforma Galega Antitransxénicos (PGA), debullou en rolda de prensa as últimas actuacións realizadas no tocante á loita contra a introdución de organismos xeneticamente modificados no noso país, ao tempo que adiantou algunhas das actividades que terán lugar na Galiza entre o 5 e o 17 de abril, enmarcadas na declarada Semana de Loita Estatal contra os Transxénicos, que cumiará cunha manifestación en Madrid o vindeiro sábado 171.

  2. Plataforma galega antitransxenicos

    Rolda de Prensa da Plataforma Galega Antitransxénicos

    5 de Abril do 2010 · 

    Valoración da situación actual da loita contra os OXM´s na Galiza e presentación da xornada informativa que terá lugar no concello de Ames

  3. Plataforma galega antitransxenicos

    2ªMANIFESTACIÓN ESTATAL ANTITRANSXÉNICOS: o 17 de Abril todas e todos a Madrid

    26 de Marzo do 2010 · 

    Despois da experiencia do ano pasado, neste 2010 unha serie de colectivos e organizacións promoveron baixo a lema "Por unha agricultura e unha alimentación libres de transxénicos" unha nova Semana estatal de loita contra os OMG entre o 5 e o 17 de abril, Xa está aberta a listaxe para apuntarse ao bus que sairá dende Galiza para asistir á manifestación do día 17. A reserva de prazas efectuarase por orde de inscrición.

  4. pataca transxenica

    A pataca transxénica, un novo ataque ao sector produtor

    4 de Marzo do 2010 · 

    A pataca transxénica Amflora, propiedade da compañía química máis grande do mundo, a alemana BASF, supón un novo ataque á produción tradicional de alimentos, dende a horta até o gando.

  5. patacas de verdade

    Organismos xeneticamente modificados: un novo ataque para o sector da pataca

    3 de Marzo do 2010 · 

    Ás 11:30hrs. de mañá terá lugar unha rolda de prensa en Ourense para darmos conta do negativo impacto que a aparición da pataca transxénica Amflora terá para o sector pataqueiro.

  6. os pataqueiros da BASF

    “Arroz (LL62) con chícharos, patacas novas (Amflora)”

    3 de Marzo do 2010 · 

    No día de onte fíxose público, acompañado dun claro rexeitamento social e alto grao de preocupación, o anuncio da comercialización de tres novas variedades de millo transxénico Monsanto (MON863xMON810, MON863Xnk603 e MON863xMOPN810XNK603) e o cultivo da variedade de pataca xeneticamente modificada Amflora, producida polo grupo alemán BASF.

  7. xefatura territorial ourense

    Valoración da incidencia en Ourense da praga da pulguiña do carballo

    26 de Febreiro do 2010 · 

    Na mañá de hoxe representantes das organizacións asinantes da Declaración e Solicitudes da Pulguiña do Carballo reuníronse con representantes da xefatura territorial da Consellaría do Medio Rural (CMR) en Ourense.

  8. Solana, Borregón e Sánchez

    O SLG solicita diante da D.X. de Conservación da Natureza a implicación de toda a sociedade no mantemento da fauna salvaxe

    24 de Febreiro do 2010 · 

    Na mañá de hoxe, Charo Sánchez Parga -Secretaria de Medioambiente, Terra e Montes do SLG- mantivo o primeiro encontro co actual director xeral de Conservación da Natureza da Consellería do Medio Rural, Ricardo García-Borregón, e co subdirector xeral de Recursos Cinexéticos e Piscícolas, Emilio Rosa Solana, para abordar a problemática dos ataques da fauna salvaxe ás explotacións agrogandeiras da Galiza.

  9. árbore afectada

    A xefatura territorial da CMR en Ourense, a primeira representante da Administración en involucrarse na loita contra a pulguiña do carballo.

    18 de Febreiro do 2010 · 

    O xefe territorial da Consellaría do Medio Rural (CMR) en Ourense, Ricardo Ignacio Vecillas Rojo, confirmou onte a súa vontade de reunirse con representantes das organizacións asinantes da Declaración e Solicitudes sobre a Praga da Pulguiña do Carballo, xuntanza que terá lugar en Ourense o vindeiro venres 26 de febreiro.

  10. carballo afectado pola pulguiña

    O aumento do apoio social na loita contra a pulguiña do carballo contrasta co silencio mantido pola Administración

    15 de Febreiro do 2010 · 

    No día de hoxe procedeuse a presentar no Rexistro Xeral da Xunta de Galiza (S. Caetano, Santiago de Compostela) tres novas adhesións sociais á Declaración e Solicitudes sobre a Praga da Pulguiña do Carballo: os concellos de Barbadás, Cenlle e Castro Caldelas.

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2
  4. 3
  5. 4
  6. Seguinte