A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Medio Ambiente e Montes: 2010

  1. Olga Otero, UXFOR Fonte das Meigas

    Loitamos pola xestión conxunta dos montes

    26 de Xaneiro do 2010 · 

    Na mañá de hoxe tivo lugar en Santiago de Compostela a presentación e lectura do manifesto da Plataforma en Defensa das Unidades de Xestión Forestal (UXFOR).

    Xavier Simón -da UXFOR Costa-Sabugueiro-, Olga Otero -da UXFOR Fonte das Meigas-, Anxo Martínez -da UXFOR Vilaframil- e Rosa Villalibre -da UXFOR A Coviña-, foron @s voceir@s encarregad@s de transmitir os motivos nos que se asenta a nosa demanda dunha figura de xestión conxunta dos montes e expoñer as iniciativas que serán levadas adiante pola Plataforma perante da actual situación de parálise administrativa na que se atopa este proceso.

  2. presentacion uxfor

    Presentación da Plataforma en Defensa das UXFOR

    25 de Xaneiro do 2010 · 

    Ás 12:00hrs. de mañá, martes 26 de xaneiro, terá lugar na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela (Rúa Nova, nº16) a presentación da Plataforma en Defensa das Unidades de Xestión Forestal (UXFOR) dando conta do manifesto que as aglutina.

  3. uxfor

    Accións a levar adiante pola Plataforma en defensa das UXFOR, concretadas na xuntanza interna mantida onte.

    18 de Xaneiro do 2010 · 

    Tra-la análise dos resultados obtidos nos encontros mantidos cos grupos políticos parlamentares, coa Dirección Xeral de Montes e co Delegado Territorial da Xunta da Galiza en Ourense, a Plataforma en defensa das UXFOR vén de decidir facer chegar ao Conselleiro do Medio Rural, D. Samuel Juárez, unha carta crítica coa actitude da CMR ao respeito da paralización total na que se atopa a constitución das Unidades de Xestión Forestal.

  4. semente transxénica

    Aberto o prazo de alegacións para impedir a experimentación transxénica no agro galego

    13 de Xaneiro do 2010 · 

    Na mañá de hoxe o Sindicato Labrego Galego presentou alegacións na contra das solicitudes de LIBERACIÓN DE PLANTAS SUPERIORES MODIFICADAS XENÉTICAMENTE (PSMG), proposta por MONSANTO EUROPE, S.A representado por MONSANTO AGRICULTURA ESPAÑA S.L.

  5. CHARO SÁNCHEZ PARGA

    Rexistro da Declaración e Solicitudes sobre a Praga da Pulguiña do Carballo

    12 de Xaneiro do 2010 · 

    Na mañá de hoxe, Charo Sánchez Parga -Vicepresidenta da Asociación FROUMA e Secretaria de Medioambiente, Terra e Montes do Sindicato Labrego Galego-, en representación de máis dunha ducia de entidades, procedeu ao rexistro nos servizos centrais da Xunta de Galiza en San Caetano (Santiago de Compostela), da Declaración e Solicitudes sobre a Praga da Pulguiña do Carballo, así coma da solicitude de reunión dos colectivos asinantes da mesma co Director Xeral de Montes, D. Tomás Fernández Couto.

  6. carballo afectado pola pulguiña

    Organizacións sociais, profesionais e concellos esixen á Consellaría do Medio Rural o reprantexamento da loita contra a pulguiña do carballo

    11 de Xaneiro do 2010 · 

    Ás 12:30hrs. de mañá, martes 12 de xaneiro, Charo Sánchez Parga (Vicepresidenta da Asociación FROUMA e Secretaria de Medioambiente, Terra e Montes do Sindicato Labrego Galego), en representación de máis dunha ducia de entidades entre as que se atopan concellos, colexios profesionais, organizacións do ámbito forestal e sindicatos, procederá a depositar no Rexistro Xeral da Xunta de Galiza (S. Caetano-Santiago de Compostela) un documento de elaboración común no que se dá conta da alta incidencia da praga da pulguiña do carballo (Altica quercetorum), esixindo o reprantexamento por parte da Consellaría do Medio Rural (CMR) das medidas adoptadas para o seu control.

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2
  4. 3
  5. 4