A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Medio Ambiente e Montes: 2011

  1. O SLG denuncia o problema da fauna salvaxe na Valedora do Pobo diante do abandono de funcións da Xunta

    Xabaril 12 de Septembro do 2018 · 

    A pesares de que o Sindicato Labrego Galego denunciou, en varias xuntanzas nos últimos meses coa Consellaría de Medio Rural e co Servizo de Protección da Natureza, o gravísimo problema que supoñen os ataques da fauna salvaxe ás diversas actividades agrogandeiras na Galiza, a Xunta segue sen facer nada para solucionalo a pesares de ser coñecedora do feito.

  2. Erimsa ameaza con despedir traballadores e traballadoras se a Xunta non lle aproba máis concesións mineiras

    Erimsa 10 de Septembro do 2018 · 

    A empresa mineira Erimsa está a chantaxear á Xunta cos empregos dos seus traballadores e traballadoras. Fíxoo presentando un expediente de regulación temporal de emprego (ERE) para as sesenta persoas que forman parte do seu cadro de persoal en Frades (A Coruña). Este sería o paso previo ao peche definitivo da explotación de cuarzo na zona, a non ser que a Xunta lle conceda novos dereitos mineiros.

  1. Incineradora

    O SLG condena a decisión da Xunta de construír unha incineradora de residuos no Irixo

    9 de Decembro do 2011 · 

    O Sindicato Labrego Galego critica a decisión da Xunta á hora de darlle o visto bo ao proxecto de construír unha incineradora de lixo no concello ourensán do Irixo, pois a súa realización só vai beneficiar ao capital privado e traerá graves consecuencias medioambientais na zona, o peche de explotacións agrarias e máis despoboamento.

  2. María Xesús Martínez

    O SLG denuncia en Forcarei atrasos de máis de tres días na retirada de cadáveres animais das explotacións

    24 de Outubro do 2011 · 

    A María Xesús Martínez, gandeira que rexenta unha explotación leiteira en Quintela (Dúas Igrexas, Forcarei), morreulle unha vaca na noite do 20 ao 21 de outubro. En canto se fixo de día, o pasado venres pola mañá, avisou ao servizo de recollida de cadáveres animais, que na Galiza está xestionado pola empresa privada Gesuga (Gestora de Subproductos de Galicia S.L.). O normal tería sido que esta empresa recollese o cadáver da vaca ese mesmo día, ou ao día seguinte a máis tardar; pero pasou toda a fin de semana, e a vaca seguía no mesmo lugar onde morrera. Finalmente, Gesuga retirou o cadáver pasado o mediodía do luns 24 de outubro; cando o fixo, xa fora atacado por animais preeiros. Nesta ocasión houbo sorte, pois cadrou que veu o frío esta mesma fin de semana; en caso de tempo soleado, a calor tería acelerado a descomposición do cadáver e aumentarían, considerablemente, os riscos sanitarios e para a saúde das persoas e dos animais da contorna.

  3. Refugallos de depuradora

    Consello Agrario Galego: O SLG pide que se prohiba o vertido de lodos de depuradora na terra

    7 de Outubro do 2011 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, participou hoxe, 7 de outubro, na xuntanza da permanente do Consello Agrario Galego. Entre outros temas, debateuse o proxecto de decreto polo que se regula a utilización de lodos de depuradora no sector agrario. A posición do SLG foi a de pedir a retirada deste proxecto e a prohibición expresa de poder verter lodos de depuradora na terra. As razóns para adoptar este posicionamento son varias.

  4. Rexistro de sinaturas

    Un milleiro de sinaturas para reclamar políticas que manteñan controlada a fauna salvaxe no medio rural

    3 de Outubro do 2011 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, e o responsable dos sectores gandeiros na mesma organización, Adolfo Cabarcos, rexistraron hoxe, 3 de outubro, ante a Consellaría de Medio Rural, máis dun milleiro de sinaturas apoiando un escrito no que se lle demanda ao departamento que dirixe Samuel Juárez que asuma as súas responsabilidades e articule, dunha vez por todas, solucións aos danos que a falla de control da fauna salvaxe está a provocar en toda Galiza.

  5. Rainha Lupa

    Quilmas acolle este sábado a terceira edición do seu mercado ecolóxico pola defensa da terra

    28 de Septembro do 2011 · 

    O sábado, 1 de outubro, a parroquia de Quilmas (Carnota) celebrará a terceira edición do mercado ecolóxico “Pola defensa da terra”, onde se poderán atopar todo tipo de produtos das explotacións labregas e obradoiros artesáns da zona: hortalizas e froitas de tempada, conservas, fermentados, mel, cerámica, cestería ou cosméticos naturais serán ofrecidos directamente polos homes e mulleres que os produciron, sen intermediarios, a quen asista a este evento. O mercado está organizado pola Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Rainha Lupa, e colabora, entre outras organizacións, o Sindicato Labrego Galego.

  6. Mel transxénico

    A ameaza transxénica pon en xaque á apicultura galega e a outros sectores como a gandería ou a produción ecolóxica

    11 de Septembro do 2011 · 

    O Tribunal de Xustiza da Unión Europea acaba de fallar que a presenza de transxénicos sobre o pole ou o mel necesita unha autorización especifica. Polo tanto, todo mel onde aparezan restos de transxénicos -e isto acontecerá sempre que unha abella chuche o pole dunha planta transxénica1- haberá que destruílo porque non está contemplado este tipo de produto. A sentenza produciuse trala denuncia dun apicultor alemán que tivo que destruír toda a súa produción de mel por estar contaminada con pole transxénico.

  7. Arume

    A Consellaría de Medio Rural marxina a plantación de frondosas a favor do monocultivo de piñeiro

    6 de Xullo do 2011 · 

    O pasado 28 de xuño, a Consellaría de Medio Rural publicaba no DOG a orde para fomento de primeira forestación de terras non agrícolas, despois de non tela convocado o ano pasado. Tras unha primeira lectura, vese que a gran aposta de Medio Rural polos nosos montes consiste en convertelos ao monocultivo de coníferas (nomeadamente, piñeiros), en detrimento das árbores frondosas e autóctonas.

  8. Rolda de prensa

    O SLG esixe solucións para a fauna salvaxe por terse convertido nun problema de orde social que ameaza a economía e a integridade das xentes do rural

    13 de Xuño do 2011 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, e o responsable dos sectores gandeiros na mesma organización, Adolfo Cabarcos, ofreceron hoxe, 13 de xuño, unha rolda de prensa para denunciar o crecemento exponencial dos ataques da fauna salvaxe sobre as explotacións agrarias, que se está a transformar nun problema de “orde social e de perigo da integridade física das persoas que vivimos no rural”. Declaraba isto a secretaria xeral do SLG, que afirmou que “a fauna salvaxe está invadindo, agora mesmo, as nosas vidas”. Carme Freire sentenciou que “os ataques da fauna salvaxe están poñendo en perigo a nosa economía, necesaria para poder vivir; pero tamén poñen en perigo as nosas vidas”. 

  9. Concentración CES

    O SLG convocará mobilizacións para o 4 de marzo se Medio Rural non abona o pago dos Contratos de Explotación Sustentable (CES)

    11 de Febreiro do 2011 · 

    O Sindicato Labrego Galego convocará unha concentración diante da Consellería do Medio Rural, en Santiago de Compostela o 4 de marzo, se non se fan efectivos no mes de febreiro os pagos do Contrato de Explotación Sustentable (CES) correspondentes ao ano 2009, e non se resolven as novas solicitudes do ano 2010.