A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Medio Ambiente e Montes: 2012

  1. Fumigacións non

    A Plataforma contra as Fumigacións denuncia ante a Fiscalía os tratamentos aéreos con Flufenoxuron

    24 de Abril do 2012 · 

    Representantes das organizacións que integran a Plataforma contra as Fumigacións, entre as que se atopa o Sindicato Labrego Galego, acudiron hoxe, 24 de abril, aos xulgados de Compostela para denunciar ante a fiscalía de medio ambiente as fumigacións aéreas na Galiza cun pesticida altamente tóxico (Flufenoxuron), que se pretende utilizar contra a praga do gorgullo do eucalipto e que será prohibido en toda a Unión Europea a partir do 1 de agosto de 2012.

  2. Helicóptero

    O SLG reúnese coas forzas políticas de Melide para deter as fumigacións aéreas contra o goníptero do eucalipto

    14 de Abril do 2012 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, acompañada do responsable local do SLG en Melide, Xulio Fernández, mantiveron, o 13 de abril, encontros coas tres forzas políticas melidenses con representación municipal para falar da ameaza que supoñen para o medio ambiente e a saúde pública as fumigacións aéreas con insecticidas químicos para combater a praga do Gonipterus Scutellatus do eucalipto e que se están a promover neste concello. En concreto, as xuntanzas foron coa alcaldesa do PP, Ángeles Vázquez; coa portavoz do BNG, Socorro Cea; e co edil socialista, Manuel Prado; e acontecen a raíz do bando municipal no que se instaba ás persoas propietarias de plantacións de eucalipto a apuntarse e permitir este tipo de tratamento nas súas fincas.

  3. Helicóptero fumigando

    O SLG alerta sobre a toxicidade en persoas e fauna das fumigacións aéreas da Xunta contra o goníptero do eucalipto

    4 de Abril do 2012 · 

    O Sindicato Labrego Galego quere amosar o seu firme rexeitamento á intención de fumigar insecticidas químicos (Flufenoxuron) con medios aéreos para combater a praga doGonipterus Scutellatus do eucalipto, polo forte impacto na saúde das persoas, na fauna e no medio ambiente que vai ter esta medida. A oposición do SLG a esta medida prodúcese despois de que se fixese pública, o 3 de abril, na Mesa da Madeira celebrada en Compostela e convocada pola Consellaría de Medio Rural; e diante do feito de que concellos como o de Melide publicaron bandos informativos instando aos propietarios e propietarias de fincas a apuntar as súas parcelas para ser fumigadas.

  4. Lumes nunca máis

    A complicidade da Xunta na violación sistemática da Lei de Prevención de Incendios fomenta os lumes na Galiza

    2 de Abril do 2012 · 

    Os lumes forestais que están arrasando Galiza nas últimas semanas e, en especial, o que se levou por diante un dos espazos emblemáticos do noso patrimonio natural -as Fragas do Eume-, poñen en evidencia a errática e desastrosa política forestal da Xunta de Galiza e, en concreto, da Consellaría de Medio Rural.

  5. Lupe Prado

    O SLG pide que non se aprobe a ampliación da Rede Natura até garantir a permanencia das actividades agrogandeiras

    1 de Febreiro do 2012 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, ofreceu hoxe, 1 de febreiro, unha rolda de prensa para pedir que non se aprobe a ampliación da Rede Natura até que se definan cales son as prácticas tradicionais de produción de alimentos, e se garanta a súa permanencia a través de plans de ordenación e de xestión elaborados coa participación dos labregos e das labregas, e da cidadanía en xeral.

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2