A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Medio Ambiente e Montes: 2017

  1. Mani contra LFIIE

    O SLG apoia a manifestación do domingo contra a Lei de Depredación por deixar sen protección a nosa agricultura

    18 de Outubro do 2017 · 

    O Partido Popular aprobou onte, 17 de outubro, a Lei de Fomento das Iniciativas Empresariais (LFIIE), máis coñecida como Lei de Depredación de Galiza, que elimina de golpe unha grande cantidade de ferramentas legais coas que a cidadanía podía defenderse do impacto negativo de actividades empresariais nocivas e negativas para o medio ambiente e a vida das persoas.

  2. Incendio forestal

    O SLG acusa a Medio Rural de neglixencias directas que favoreceron a vaga de lumes catastrófica que asola Galiza

    16 de Outubro do 2017 · 

    O Sindicato Labrego Galego quere expresar a súa consternación e dó pola vaga de lumes que está a asolar Galiza e que arrasa milleiros de hectáreas e que xa provocou a morte de tres persoas. Dende o SLG, a nosa solidariedade cos miles de cidadáns e cidadás que, en maior ou menor grao, están a sufrir o impacto desta situación catastrófica. A maiores, a nosa máis enérxica condena da actividade criminal dos incendiarios causantes dos lumes por todo o dano e dor causadas e pola devastación irreparable que están a causar os seus actos.

  3. Incendio forestal

    O SLG denuncia que Medio Rural prescinde do persoal contra incendios cando Galiza segue en risco pola seca

    5 de Outubro do 2017 · 

    Hai un par de semanas, o grupo de organizacións que abandonamos o último Consello Forestal polos atrancos da Consellaría de Medio Rural á participación no Plan de Incendios de Galicia 2017 (Pladiga), denunciabamos que a mediados de setembro aínda non comezaran boa parte dos labores preventivos deste ano, que deberían terse feito no inverno e primavera pasados, antes de comezar a época de máximo risco de incendios (ver bit.ly/SenPrevLumes17).

  4. Alegacións San Rafael

    A mina de San Rafael pon en risco directo a vida de máis de duascentas persoas nos concellos do Pino e en Touro

    4 de Outubro do 2017 · 

    Unha comitiva de veciños e veciñas de Touro e da plataforma contraMINAcción acudiu, o 3 de outubro, até o Rexistro Xeral da Xunta de Galicia para facer entrega de 500 alegacións contra o proxecto da mina de San Rafael, que afecta unha ampla zona dos termos municipais de Touro e O Pino.

  5. Cortalumes

    A Consellaría de Medio Rural non realizou aínda os traballos de prevención de lumes orzados para 2017

    15 de Septembro do 2017 · 

    Trala intervención triunfalista sobre a campaña de incendios de 2017 que fixo a conselleira de Medio Rural esta semana no Parlamento, queremos denunciar que Galiza segue sen contar cunha política de prevención de incendios que teña como fin principal a xestión sustentable dos ecosistemas forestais e que trate de evitar os incendios para non ter que apagalos. A Xunta de Galicia aposta todo a unha carta "extinción-extinción...". E a mellor proba disto é que, estando a mediados do mes de setembro, agora que veñen os primeiros orballos e choivas que anticipan o outono, a Xunta comezará cos traballos de prevención previstos e orzados para o ano 2017 que, a día de hoxe, están aínda sen realizar. Nin que dicir ten que a conselleira, cando afirmou esta semana que “por parte da Administración galega, as actuacións concéntranse na prevención e valorización forestal”, mentiu.

  6. Non á minaría

    contraMINAcción chama ás organizacións sociais de Galiza para paralizar o proxecto de Lei de Fomento Empresarial

    14 de Septembro do 2017 · 

    Esta semana, os grupos políticos da oposición no Parlamento de Galicia mantiveron unha xuntanza para analizar o contido do proxecto de Lei de Fomento das Iniciativas Empresariais impulsado polo Partido Popular. A esta xuntanza asistiron representantes de contraMINAcción, plataforma na que está integrado o Sindicato Labrego Galego, e puideron coñecer as graves repercusións que podería ter para Galiza a aprobación deste proxecto.

  7. Mesa dos Lumes

    Ábrese o proceso para constituír a Mesa de Traballo dos Lumes Forestais en Galiza que a Xunta se nega a crear

    7 de Xullo do 2017 · 

    Diego Sánchez Agra (Sindicato Labrego Galego), Xosé Santos (Amigos da Terra) e Xabier Gómez Santiso (Asociación Frouma) ofreceron, o 6 de xullo, unha rolda de prensa na Galería Sargadelos de Compostela para abrir o proceso de constitución dunha Mesa de Traballo dos Lumes Forestais na que participen todos os axentes do sector na Galiza.

  8. Consello forestal

    Cinco organizacións abandonan o Consello Forestal pola imposibilidade de participar no plan de loita contra os lumes

    26 de Xuño do 2017 · 

    Amigos da Terra, Asociación Frouma, Federación Ecoloxista Galega (FEG), Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) e Sindicato Labrego Galego (SLG) abandonamos o Consello Forestal Galego, deste 26 de xuño, para denunciar as prácticas de entorpecemento á participación dos colectivos neste órgano no que se debaten as políticas forestais da Xunta e que hoxe debía someter a debate un documento tan importante como o Pladiga 2017 (Plan de Defensa contra os Incendios de Galicia).

  9. Manifestación Compostela

    "De como o eucalipto se nos foi das mans", por Diego Sánchez Agra, enxeñeiro forestal do SLG

    31 de Maio do 2017 · 

    Na sección Eira do Fouce 315, o enxeñeiro forestal do SLG, Diego Sánchez Agra, publica un artigo sobre a situación actual do cultivo do eucalipto que, hoxe en día, ocupa ao redor de 400.000 hectáreas e bosquexa novas ameazas no horizonte coma o seu cultivo intensivo para producir enerxía.

  10. Plataforma STOP Velutina

    A Plataforma STOP Velutina insta á Xunta a afrontar con medios suficientes a loita contra a avespa asiática

    31 de Maio do 2017 · 

    O 30 de maio, a Plataforma STOP Velutina, integrada por unha trintena de colectivos e organizacións entre as que se atopa o SLG, rexistrou un escrito dirixido ás consellarías de Medio Ambiente e Medio Rural reclamando a súa implicación na loita contra a avespa velutina, unha especie exótica invasora que ten en xaque os sectores apícola e froiteiro da Galiza e que representa unha auténtica ameaza para a seguridade cidadá.

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2
  4. 3
  5. Seguinte