A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Terra e Estruturas

Terra e Estruturas

  1. Inmoble agrario

    As granxas de Agolada temen quedar outro ano sen bonificación do IBI pola excesiva burocracia

    8 de Abril do 2019 · 

    Despois de que, en 2018, a maioría das granxas agolenses que podían solicitar a bonificación no IBI dos inmobles agrarios quedasen sen a axuda, en 2019 hai moitas que temen que poida acontecer outro tanto. Desta vez, e trala experiencia do ano pasado, as granxas solicitantes prepararon con suficiente antelación todos os documentos esixidos para tramitar a axuda en prazo. Algo nada doado pois, de feito, moitas granxas que podían beneficiarse da bonificación, especialmente aquelas rexentadas por persoas maiores, xa non pasaron o traballo de enlearse neste vía crucis burocrático e renunciaron a facer a solicitude.

  2. Intervegas Congreso

    InterVegas impulsa unha proposición de lei estatal para promover a protección e dinamización dos solos fértiles

    14 de Febreiro do 2019 · 

    Representantes dos diferentes colectivos e institucións que confomran a Rede Estatal InterVegas déronse cita este xoves, 14 de febreiro de 2019, no Congreso dos Deputados e das Deputadas, cos voceiros de Agricultura dos grupos parlamentarios para rexistrar unha proposta de lei de ámbito estatal que permita a protección dos solos fértiles. Despois dun percorrido de case dous anos, e co apoio institucional de parlamentos autonómicos, concellos, deputacións, consellos de goberno de universidades e un grande número de entidades, a nosa proposta xerou un grande consenso social e político.

  3. Conselleiro

    O SLG pide que os plans de mobilidade de terras favorezan no reparto a xente nova e granxas da zona

    29 de Xaneiro do 2019 · 

    O Sindicato Labrego Galego vai iniciar unha rolda de contactos cos partidos políticos con representación no Parlamento de Galicia para pedirlles información sobre os plans piloto de mobilidade de terras que está a desenvolver a Consellaría de Medio Rural en comarcas como Lemos, Ancares, Courel, O Ribeiro ou Verín.

  4. María Ferreiro en Curtis

    O SLG presenta medio cento de alegacións contra o cambio do PXOM de Curtis apoiadas por familias labregas afectadas

    29 de Maio do 2018 · 

    A coordinadora do Sindicato Labrego Galego en Curtis, María Ferreiro, vén de rexistrar medio cento de sinaturas (en total 42), que representan outras tantas familias labregas, apoiando as alegacións contra os cambios no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) que pretende levar adiante o goberno curtense, e que deixarían desprotexido o solo agrario e forestal.

  5. Parque Eólico

    O SLG defenderá na Baña os intereses labregos fronte aos proxectos eólicos de grandes empresas enerxéticas

    3 de Agosto do 2016 · 

    O SLG quere sair ao paso das declaracións efectuadas polo Sr Alcalde do Concello de A Baña no último Pleno municipal. Ao abordar a cuestión da instalación de parque eólicos no Concello de A Baña, por parte do Sr. Alcalde manifestouse que o Sindicato Labrego ten un completo descoñecemento do asunto, e que o que busca é envenenar en lugar de atopar solucións. Desde o Sindicato Labrego Galego o que temos que manifestar frente ás ditas declaracións é o seguinte:

  6. Xuntanza Sintegal Dubois

    O SLG reúnese co director xeral de Desenvolvemento Rural para abordar os problemas do Banco de Terras

    17 de Xuño do 2016 · 

    Unha comitiva do Sindicato Labrego Galego formada pola súa secretaria xeral, Isabel Vilalba, Xosé Ramón Cendán e Diego Sánchez Agra, mantiveron hoxe, 17 de xuño, un encontro en Compostela co director xeral Desenvolvemento Rural e responsable do Banco de Terras (Sitegal), Miguel Pérez Dubois.

  7. Informe sobre a terra

    O Sindicato Labrego Galego denuncia no Congreso o acaparamento de terras na Galiza

    28 de Abril do 2016 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, participou, o 28 de abril, na presentación dun informe e unha serie de propostas sobre políticas relacionadas coa terra no Estado Español e na Unión Europa. O acto tivo lugar na sala Ernest Lluch do Congreso dos Deputados e das Deputadas (Madrid) ás 12:30 horas e, xunto a Isabel Vilalba, falaron representantes das outras organizacións responsábeis desta campaña: Ángeles Santos (presidenta de Plataforma Rural), Andoni García (da Executiva de COAG e de EHNE Bizkaia), Inmaculada Idañez (Confederación de Mulleres do Mundo Rural-Ceres), Federico Pacheco (Sindicato de Obreros del Campo-SOC) e os autores do informe “Estrutura e propiedade da terra”: Fernando Fernández (Fundación Mundubat) e Carles Soler (Revista Soberanía Alimentaria).

  8. Punto de información catastral

    O SLG pedirá na Terra Chá que non se cobren atrasos do IBI nos inmobles agrarios da revisión catastral

    27 de Xullo do 2015 · 

    Aínda que non chegaron as cartas avisando da revisión catastral a Abadín, Xermade, Cospeito, Muras e Guitiriz; está previsto que estes concellos vivan en breve un proceso semellante ao que xa houbo en Vilalba. En concreto, en Abadín, Xermade e Cospeito comezou o 4 de novembro de 2014 e rematará o vindeiro 30 de outubro; mentres que en Muras e Guitiriz, o proceso botou a andar o 26 de xuño para concluír o 30 de xullo de 2016.

  9. Xuntanza Fanoi

    A ordenanza dos cultivos da parcelaria de Fanoi ameaza o futuro de medio cento de granxas en Abadín

    23 de Xullo do 2015 · 

    O Concello de Abadín segue teimando en facer da ordenanza municipal reguladora dos aproveitamentos agrícolas e forestais da concentración parcelaria de Fanoi un proceso escuro e pechado á opinión da veciñanza afectada. É a conclusión que sacamos dende o Sindicato Labrego Galego despois da xuntanza que mantivemos, na tarde do 21 de xullo, cos veciños e veciñas; coa empresa redactora, representada polo técnico Víctor Cruz; co alcalde, Xosé María López Rancaño; e con Ramón Losada, responsábel provincial de Medio Rural, que estivo acompañado por unha avogada da Consellaría.

  10. Parcelaria de Fanoi

    O SLG denuncia o regulamento da parcelaria de Fanoi por ilegal e non tolerará que o 50% da terra sexa de uso forestal

    9 de Xullo do 2015 · 

    O Sindicato Labrego Galego da Terra Chá vén de presentar alegacións á ordenanza municipal reguladora dos aproveitamentos agrícolas e forestais da zona de concentración parcelaria de Fanoi, en Abadín. A maiores dos defectos na exposición pública da ordenanza, sobre os que chamou a atención o SLG días atrás, o máis grave deste regulamento é que lle correspondía elaboralo á Consellaría de Medio Rural e non ao Concello de Abadín, xa que o proceso de concentración parcelaria en Fanoi aínda non rematou, polo que calquera norma que se aprobe ao respecto ten que xurdir da Consellaría.

Arquivo