A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Terra e Estruturas>
  4. O SLG apoia as reivindicacións da AAVV de San Pedro de Labrada e solicita o inicio das obras de mantemendo da estrada

O SLG apoia as reivindicacións da AAVV de San Pedro de Labrada e solicita o inicio das obras de mantemendo da estrada

10 de Novembro do 2008

Non hai imaxe

A AAVV de San Pedro de Labrada leva dous anos solicitando que cambien os tubos que cruzan a estrada que sobe por Labrada (Abadín-Lugo), por xunto a igrexa, xa que ao ser moi pequenos túpense moi facilmente. 

Cando chove moito pasa a auga por riba da estrada, supoñendo un grande perigo tanto para os veciños/as como para o transporte escolar, xa que este “punto negro” da estrada atópase ao lado dunha curva. 

A auga xa fixo un chanzo polo lado de abaixo, existindo un grande risco de que ao cruzarse dous vehículos, un poida saír da carreteira e caer no furado. 

Esta reivindicación ao respeito do mantemento da estrada en aras do cumprimento dunhas mínimas condicións de seguridade para peóns e vehículos, engádese á solicitude de limpeza das cunetas, tanto da estrada como das pistas veciñais, xa que levan dous anos sen seren desbrozadas, chegando a maleza mesmo á beira, sen sitio polo que poidan camiñar as persoas e os animais.

Esta situación foi posta en coñecemento do concello con anterioridade, sen que a AAVV de San Pedro obtivera resposta ningunha. Dende o Sindicato Labrego Galego agardamos que ao facer pública a situación que está a sufrir a veciñanza de Labrada, o consistorio tome medidas con rapidez, habida conta ademais de que xa temos enriba as choivas do inverno. 

Moitas grazas pela vosa atención

Saúdas do Gabinete de Comunicación do Sindicato Labrego Galego 
OBTERÁN MÁIS INFORMACIÓN CONTACTANDO CON 
Manuel Rivas, Directiva da AAVV de San Pedro de Labrada, 
TLF: 616 060 146

Ficheiro adxunto