A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Terra e Estruturas>
  4. O SLG ALERTA DO RISCO DE CONVERTER O BANTEGAL NUN MECANISMO ESPECULADOR DA TERRA AGRARIA

O SLG ALERTA DO RISCO DE CONVERTER O BANTEGAL NUN MECANISMO ESPECULADOR DA TERRA AGRARIA

23 de Decembro do 2008

Non hai imaxe

Solicitamos ao Consello da Xunta a non aprobación da subida do prezo da terra para o vindeiro ano.

Xosé Manuel Calvo Rei e Carme Freire 

Na semana pasada tivo lugar unha reunión da Comisión de Seguimento do BANTEGAL, na que se aprobou, coa oposición do SLG, a subida do prezo das terras do BANTEGAL.

Queremos denunciar e alertar á sociedade do que nos parece outra tomadura de pelo, do que se vende por un lado e do que se fai por outro. 

Unha medida que se adoptou fai un ano - que desde o SLG aplaudimos - para que as terras abandonadas se cultivaran para producir alimentos e deixaran de supor un elevado risco e custo de incendios, vai camiño de converterse nunha ferramenta especulativa pola vía de aumentar os prezos de ditas terras para satisfacer aos/ás absentistas que as tiñan improdutivas

Isto foi o que se aprobou en devandita Comisión. A proposta da CMR, mesmo para as terras en zonas ZERA (Zonas de Especial Risco de Abandono) que no primeiro ano pagaban un 20% do prezo base da Ha. É dun 70% para este segundo ano (máis do triplo). Finalmente a proposta que vai someterse ao Consello da Xunta é pasar dun 20 a un 50 % (máis do dobre). 

Onde queda para os labregos e labregas a posibilidade de cultivar esas terras se non podemos asumir o custo delas? 

Quen vai cultivar esas terras improdutivas? Ou é que se está pensando en poñe-las a disposición de empresas que as destinen a outros fins? 

É esa a política de instalación de xente moza labrega no campo? 

Estase a promover que as terras agrarias sexan para producir alimentos ou para outros fins especulativos no rural?
Exemplos xa hai. 

O Consello da Xunta ten a última palabra na súa próxima sesión. Dende o SLG solicitamos que se pare a especulación e a conseguinte desfeita do agro

Moitas grazas pela vosa atención.

Saúdas do Gabinete de Comunicación do Sindicato Labrego Galego 

OBTERÁN MÁIS INFORMACIÓN CONTACTANDO CON:
Xosé Manuel Calvo Rei, Secretario de Ordenación Territorial e Estruturas 
TLF: 686 304 118 
Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do SLG, 
TLF: 619 348 426 

Ficheiro adxunto