A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Terra e Estruturas>
  4. Os colectivos en contra das concesións mineiras n´A Terra Chá estarán presentes na mobilización da rede cidadá Galiza Non se Vende

Os colectivos en contra das concesións mineiras n´A Terra Chá estarán presentes na mobilización da rede cidadá Galiza Non se Vende

12 de Febreiro do 2009

A GALIZA NON SE VENDE

Os colectivos que estamos en contra das concesións mineiras n´A Terra Chá estaremos  presentes na mobilización convocada pola rede cidadá Galiza non se Vende o vindeiro domingo 15 de febreiro en Santiago de Compostela.

 Pasados dous anos dende que Erimsa obtivo as concesións para a extracción de cuarzo na Terra Chá, a loita continúa.

Nestes dous anos temos promovido varios recursos de alzada e revisión, pedindo a nulidade das concesións. Estes recursos atópanse na actualidade algúns deles sen resolver, e en distintas fases.

 Os primeiros, presentados o 26/12/07 están pendentes de resolución na Sala do Contencioso Adm. Sección 3ª Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.

Téñense presentado encritos dirixidos ao Valedor do Pobo, así coma ás distintas administracións que podían ter responsabilidade nestas concesións.

Presentamos tamén alegación á Lei de Minaría que se aprobou a principios deste ano sendo estas aceptadas e manténdose a prohibición da actividade extractiva en solo de especial protección agraria.

 Na actualidade estamos nunha nova fase da loita contra estas Minas. Dende principios deste ano, as asociacións de persoas afectadas presentamos alegacións ás solicitudes de concesión n´A Pastoriza, Cospeito e Castro de Rei.

 O vindeiro domingo día 15, representantes dos colectivos de persoas afectadas polas concesións mineiras n´A Terra Chá berraremos A TERRA CHÁ NON SE VENDE para expresarmos a nosa máis enérxica protesta ante o desolador panorama que deixaría para a Terra Chá a implantación desta actividade na comarca, destruíndo a súa paisaxe, os seus recursos naturais, o patrimonio cultural, e a nosa principal actividade económica a agrogandeira.

Non deixaremos que se impoña o interese dunha multinacional fronte aos intereses da Terra Chá e da Galiza.

Porque outro xeito de facer é posíbel, a cidadanía galega sairá á rúa xunta (e revolta), o dia 15 de febreiro nunha grande manifestación nacional en Compostela, que partirá ás 12 da mañá da Alameda, baixo o lema:.

 

GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE

 

A TERRA CHA NON SE VENDE

 

Terra viva e vida digna para tod@s!

 

OBTERÁN MÁIS INFORMACIÓN CONTACTANDO CON

Margarida Prieto Ledo, Coordenadora Comarcal n´A Terra Chá

TLF: 659 985 308


Ficheiro adxunto