A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Terra e Estruturas>
  4. O SLG vén de persoarse como parte interesada no contencioso administrativo que Erimsa interpuxo contra a decisión dos concellos de Cospeito e A Pastoriza (A Terra Chá) de non concederlles licenza para a extracción de cuarzo

O SLG vén de persoarse como parte interesada no contencioso administrativo que Erimsa interpuxo contra a decisión dos concellos de Cospeito e A Pastoriza (A Terra Chá) de non concederlles licenza para a extracción de cuarzo

20 de Maio do 2009

minas-

O Sindicato Labrego Galego, vén de persoarse como parte interesada no contencioso administrativo que Erimsa interpuxo contra a decisión do Concello de Cospeito e A Pastoriza de non considerarse outorgadas as licencias para a extracción de cuarzo nestes concellos por silencio administrativo.

Ao Sindicato Labrego foille comunicada esta posibilidade en días pasados por parte destes dous concellos, que se integran no proceso como demandados.

Para a nosa organización é moi importante seguir tendo a posibilidade, esta vez no Xulgado, de opoñernos a estas concesións de licencia.

Á espera de que nos trasladen por parte do Xulgado o expediente e a demanda de Erimsa, cómpre lembrar brevemente este proceso:

No mes de maio de 2008 Erimsa presenta en Cospeito, Pastoriza, Castro de Rei e Abadin solicitude de licencia para a extración do cuarzo, que estivo a exposición pública, e contra a cal presentamos centos e alegacións.

Tamén no ano 2008 Erimsa tiña presentado escrito nos concellos para que pasados os tres meses dende a presentación o silencio administrativo lle fose considerado positivo. Todos os municipios emitiron resolucións no sentido contrario, contra as cales Erimsa interpuxo recurso.

O Sindicato Labrego vai a seguir utilizando todas as armas que teña o seu alcance para evitar que esta actividade extractiva se implante na comarca porque consideramos que traería consigo o inminente peche de explotacións pola perda de base territorial.