A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Terra e Estruturas>
  4. A oposición ás minas na Terra Chá chégalle directamente ao conselleiro.

A oposición ás minas na Terra Chá chégalle directamente ao conselleiro.

12 de Abril do 2010

Margarida Prieto, coordenadora comarcal do SLG,  entrega a carta ao conselleiro

O pasado venres día nove, unha representacion da Comision de Asociacións en contra das Minas da Terra Cha, fixolle entrega o Conselleiro de Medio Rural Samuel Juárez dun escrito informándolle da problemática das minas de cuarzo.

Salientaron neste escrito que a actividade mineira que a empresa Erimsa quere implantar nun inmenso territorio da comarca, choca frontalmente cos intereses das gandeirías e da actividade agraria en xeral.

cmr

Margarida Prieto Ledo, Coordenadora Comarcal n´A Terra Chá,

fixo entrega do documento ao conselleiro.

 

E en principio tamén cos intereses da Conselleria de Medio Rural, dado que a comarca da Terra Chá foi declarada Zona de Especial Interese Agrario polo Decreto 206/2007, do 25 de Outubro-.

Informóuselle tamén da existencia de abundantes concentracións parcelarias na zona, bastantes delas ben recentes, da afección dos montes comunais e das zonas de colonización e regadío declaradas de interés nacional polo Instituto Nacional de Colonización, e nas que se acometeron fortes inversións fai moi poucos anos.

O obxecto de dirixirse ao conselleiro foi, por unha banda, facelo coñecedor desta situación, que está a causar grande inquietude en toda a comarca, e, pola outra, manifestarlle que desexamos que teña presente o exercicio das súas competencias no que atinxe a este proceso. Quere isto dicir: concentracións parcelarias, montes, regadío, etc.

A Terra Chá é unha comarca eminentemente rural, que vive hoxe en boa medida da actividade agrogandeira. O mantenemento da mesma é básico para a economía da comarca e para fixar poboación na mesma, tamén das persoas que se adican a outras actividades.

O Conselleiro, quedou cos datos dos/as representantes da Comisión e comprometeuse a estudar o tema.