A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Terra e Estruturas>
  4. Onde van os 771.966,25€ do GDR13?

Onde van os 771.966,25€ do GDR13?

11 de Agosto do 2010

verín

O Sindicato Labrego Galego pon de manifesto o incomprensíbel funcionamento que está a ter a Asociación Monteval, Grupo de Desenvolvemento Rural que xestiona os fondos do Programa Leader 2.007-2.013 na Comarca de Verín.

Esta asociación xestiona case catro millóns de euros de fondos públicos (FEADER, AXE, XUNTA) segundo o plan financeiro que aparece na páxina web de AGADER. Neste mesmo plan financeiro para o período 2.008-2.013 figura que para proxectos denominados “produtivos” están previstos 2.315.898,74 euros de fondos públicos e para os “non produtivos” 771.966,25 euros.

 

Con data 15 de setembro de 2009 abriuse convocatoria para que os interesados e interesadas poidan presentar proxectos financiábeis polo Leader, produtivos ou non produtivos, en algún dos tres eixos que a Asociación presentou na súa estratexia de Desenvolvemento (411. Dinamización do sector agrario e forestal, 412. Mellora medioambiental e do contorno rural, 413. Diversificación da economía rural e mellora da calidade de vida). A data final de admisión de solicitudes é o 1 de setembro de 2013.

 

Nestas datas a Asociación Monteval non levou a cabo ningunha difusión do Leader polos concellos implicados (Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oimbra, Riós, Verín, Vilardevós, A Gudiña e A Mezquita) para que as persoas, empresas ou asociacións interesadas en realizar algún proxecto poidan saber que posibilidades teñen, e en que condicións, de financiarse a través deste Leader que, en principio, está destinado a eles e a elas.

 

Poderiamos pensar que aínda non tiveron tempo de realizar esta difusión, que podería ser, pero a nosa sorpresa é que estanlle dicindo á xente que acode a se informar que xa non hai cartos para os proxectos non produtivos.

 

Entón, ante a falla de transparencia e información, dende o Sindicato Labrego Galego, cuestionámonos:

En que proxectos se gastaron os 771.966,25 euros que había de fondos públicos para os proxectos non produtivos? Como foi publicitado e quen se enterou?