A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Terra e Estruturas>
  4. O Sindicato Labrego pide a ampliación do período de alegacións na solicitude de licencia de Erimsa en Cospeito

O Sindicato Labrego pide a ampliación do período de alegacións na solicitude de licencia de Erimsa en Cospeito

9 de Agosto do 2011

Non hai imaxe

O Sindicato Labrego Galego da Terra Chá, representado pola súa responsable local, Margarida Prieto Ledo, vén de presentar un escrito dirixido ao alcalde de Cospeito para que amplíe o prazo de alegacións á solicitude de licenza municipal que fixo a empresa Erimsa para realizar unha explotación de cuarzo no termo municipal cospeitense. En concreto, trátase da explotación “Alicia” nº 5917.

Para o Sindicato Labrego Galego, o prazo de vinte días para formular alegacións é manifestamente insuficiente, dada a complexidade e volume do proxecto; así como o número elevado de persoas e explotacións agrarias afectadas que necesitan consultar o expediente e queren alegar á solicitude de licenza. Por iso, e amparándose no artigo 49 da lei 30/1992, o SLG pediu formalmente a ampliación do prazo en dez días máis (a devandita lei di que a Administración pode “...conceder de oficio ou a petición dos interesados, unha ampliación dos prazos establecidos que non exceda da metade dos mesmos...”).