A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Terra e Estruturas>
  4. Aberto o prazo de alegacións ás licencias para as concesións mineiras A Pastoriza 5562 e ALICIA 5917, ámbalas dúas no concello de A Pastoriza (Terra Chá)

Aberto o prazo de alegacións ás licencias para as concesións mineiras A Pastoriza 5562 e ALICIA 5917, ámbalas dúas no concello de A Pastoriza (Terra Chá)

21 de Xaneiro do 2009

Non hai imaxe

CAMPAÑA DE ALEGACIÓNS CONTRA A APROBACIÓN DAS LICENCIA DE CONCESIÓNS MINEIRAS DE CUARZO “ A PASTORIZA 5562 “ E “ALICIA 5917” NO CONCELLO DE A PASTORIZA (Terra Chá).

No día de onte abriuse o prazo de presentación de alegacións á solicitude de licencia para explotar a concesión mineira “ A PASTORIZA 5562 “ . Hoxe, día 21, abriuse o prazo para a presentación de alegacións á solicitude de licencia “ALICIA 5917”.

 Ámbalas dúas solicitudes inclúense nas concesións á empresa Erimsa n´A Terra Chá para a extracción de cuarzo en terreos rústicos de especial protección agropecuaria.

1. A duración do prazo de presentación de alegacións á concesión A PASTORIZA 5562 é de 20 días hábiles a contar a partir de onte, martes 20 de xaneiro.

 2. A duración do prazo de presentación de alegacións á concesión ALICIA 5917 é de 20 días hábiles a contar a partir de hoxe, mércores 21 de xaneiro.

O VINDEIRO XOVES 29 DE XANEIRO AS 22,00H. TERÁ LUGAR UNHA REUNIÓN EN MUIMENTA (COSPEITO), NO SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA, CONVOCADA POR TODOS OS COLECTIVOS DE PERSOAS AFECTADAS POLAS SOLICITUDES DE CONCESIÓN PARA A EXPLOTACIÓN MINEIRA D´A TERRA CHÁ.

Ao igual que no caso do concello de Cospeito, onde xa se fixo entrega de máis de 300 alegacións, o SLG pon a disposición dos afectados/as os seus servizos xurídicos para redactalas. Pódense poñer en contacto co local do SLG en Vilalba ou pasar pola súa oficina en horario de mañá, onde tamén atoparán información sobor das vindeiras reunións informativas.

 Asemade, lembrar que as alegacións haberanse de fundamentar en demostrar que a maioría do solo no que se pretende realizar as extraccións ten que ser considerado de especial protección agropecuaria, non podendo autorizarse nel a actividade extractiva.

OBTERÁN MÁIS INFORMACIÓN CONTACTANDO CON

Margarida Prieto, Coordenadora Comarcal do SLG na Terra Chá

TLF: 659 985 308

Local do SLG en Vilalba

R/Cidade de Viveiro, nº1, ent. A

TLF: 982 512 431