A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Terra e Estruturas: 2009

  1. a estrada

    RdP. A Estrada: Alegación do SLG ao PXOM d´A Estrada

    17 de Decembro do 2009 · 

    Ás 11:30hrs, de mañá, venres 18 de decembro, o Sindicato Labrego Galego dará conta en rolda de prensa da alegación que presentará ao Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) d´A Estrada.

  2. xornada informativa

    Xornada informativa sobre a problemática das minas na Terra Chá

    15 de Outubro do 2009 · 

    Mañá, venres 16, o Sindicato Labrego Galego coordenará unha xornada informativa sobre a problemática das minas de cuarzo na Terra Chá, que terá lugar dende as 11:00 até as 18:00 en Muimenta.

  3. minas-

    O SLG vén de persoarse como parte interesada no contencioso administrativo que Erimsa interpuxo contra a decisión dos concellos de Cospeito e A Pastoriza (A Terra Chá) de non concederlles licenza para a extracción de cuarzo

    20 de Maio do 2009 · 

    O Sindicato Labrego Galego, vén de persoarse como parte interesada no contencioso administrativo que Erimsa interpuxo contra a decisión do Concello de Cospeito e A Pastoriza de non considerarse outorgadas as licencias para a extracción de cuarzo nestes concellos por silencio administrativo.

  4. A GALIZA NON SE VENDE

    Os colectivos en contra das concesións mineiras n´A Terra Chá estarán presentes na mobilización da rede cidadá Galiza Non se Vende

    12 de Febreiro do 2009 · 

    Os colectivos que estamos en contra das concesións mineiras n´A Terra Chá estaremos  presentes na mobilización convocada pola rede cidadá Galiza non se Vende o vindeiro domingo 15 de febreiro en Santiago de Compostela.

     Pasados dous anos dende que Erimsa obtivo as concesións para a extracción de cuarzo na Terra Chá, a loita continúa.

  5. PXOM ARBO

    O SLG da comarca do Condado-Pardanta presenta alegacións ao Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello de Arbo

    10 de Febreiro do 2009 · 

    O SLG da comarca do Condado-Pardanta rexistrou onte, luns 9 de febreiro, as alegacións que dan conta da oposición á previsión do ámbito de Solo Urbanizábel no Delimitado Industrial (SUZND-1.AE) para actividades económicas (aprobado inicialmente o 16 de outubro de 2008-DOGA 19 de Novembro de 2008), da zona que aparece así definida no PXOM, situada ó Norte do actual Polígono Industrial de Arbo en Barcela (UZPI 1-I) e cuxo uso característico é o industrial.

    O rexeitamento popular á ampliación do Polígono Industrial é elevado, nun Concello que se caracteriza precisamente pola súa calidade de vida, a súa paisaxe, o seu medio ambiente e a súa gastronomía.

  6. Non hai imaxe

    Aberto o prazo de alegacións ás licencias para as concesións mineiras A Pastoriza 5562 e ALICIA 5917, ámbalas dúas no concello de A Pastoriza (Terra Chá)

    21 de Xaneiro do 2009 · 

    CAMPAÑA DE ALEGACIÓNS CONTRA A APROBACIÓN DAS LICENCIA DE CONCESIÓNS MINEIRAS DE CUARZO “ A PASTORIZA 5562 “ E “ALICIA 5917” NO CONCELLO DE A PASTORIZA (Terra Chá).

    No día de onte abriuse o prazo de presentación de alegacións á solicitude de licencia para explotar a concesión mineira “ A PASTORIZA 5562 “ . Hoxe, día 21, abriuse o prazo para a presentación de alegacións á solicitude de licencia “ALICIA 5917”.

     Ámbalas dúas solicitudes inclúense nas concesións á empresa Erimsa n´A Terra Chá para a extracción de cuarzo en terreos rústicos de especial protección agropecuaria.

    1. A duración do prazo de presentación de alegacións á concesión A PASTORIZA 5562 é de 20 días hábiles a contar a partir de onte, martes 20 de xaneiro.

     2. A duración do prazo de presentación de alegacións á concesión ALICIA 5917 é de 20 días hábiles a contar a partir de hoxe, mércores 21 de xaneiro.

  7. Non hai imaxe

    Hoxe ás 11:30 procedeuse á entrega de alegacións ás concesións mineiras da empresa Erimsa

    19 de Xaneiro do 2009 · 

    Os colectivos de afectad@s pola concesión mineira para a extracción de cuarzo n´A Terra Chá á empresa Erimsa, fixeron entrega hoxe na Casa Consistorial do concello de Cospeito, das alegacións realizadas até o momento.