A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Terra e Estruturas: 2010

  1. Carme Freire

    O SLG anuncia unha época de loitas se non se retiran ou corrixen as Directrices de Ordenación do Territorio, a Lei de Augas de Galiza e a reforma da Lei do Solo

    15 de Novembro do 2010 · 

    A Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, ofreceu hoxe, 15 de novembro, unha rolda de prensa para explicar a oposición do SLG á modificación da Lei do Solo, á Lei de Augas de Galiza e ás Directrices de Ordenación do Territorio, cuestións todas elas que supoñen unha seria ameaza para as actividades agropecuarias, en especial; pero que tamén poñen en xaque dereitos da cidadanía, en xeral, coma o libre acceso á auga, a alimentación, ou os servizos públicos no medio rural.

  2. Valedor do Pobo

    A veciñanza da parroquia de Cabanas (A Baña) acode ao Valedor do Pobo para denunciar o impacto económico e social do parque eólico de Vilamartiño

    20 de Outubro do 2010 · 

    A Comisión de Afectados e Afectadas polo parque eólico de Vilamartiño, da parroquia de Cabanas (A Baña), mantivo hoxe, 20 de outubro, unha xuntanza co asesor do Valedor do Pobo para temas agrarios, José Ramón Cólera Leirado. A intención do encontro foi a de entregar no rexistro o conxunto das alegacións veciñais contra a construción do parque eólico, amais de explicarlle a problemática polo miúdo ao Valedor.

  3. verín

    Onde van os 771.966,25€ do GDR13?

    11 de Agosto do 2010 · 

    O Sindicato Labrego Galego pon de manifesto o incomprensíbel funcionamento que está a ter a Asociación Monteval, Grupo de Desenvolvemento Rural que xestiona os fondos do Programa Leader 2.007-2.013 na Comarca de Verín.

  4. C.S. Atreu A Corunha

    Palestra contra as minas da Terra Cha

    8 de Xullo do 2010 · 

    Hoxe ás 20:30hrs, no Centro Social Atreu d´A Coruña, abordaremos a problemática da agresión á vida e ao territorio na Terra Cha que conlevaría o proxecto de explotación de recursos minerais que pretende levar adiante a empresa de capital noregués Erimsa.

  5. a mariña occidental

    As fortes chuvias destrúen cultivos e poñen en perigo instalacións gandeiras na Mariña.

    10 de Xuño do 2010 · 

    Canda os problemas persoais e en vivendas, as chuvias que caen nestes días na Mariña de Lugo están a producir graves danos nos cultivos.

  6. caivanca

    Unidade e reivindicación na xornada contra as minas da Terra Chá

    25 de Maio do 2010 · 

    Numerosos veciños e veciñas visitaron o recinto feiral de MOEXMU o pasado sábado 22, no que se celebrou a “Xornada contra a extracción de cuarzo na Terra Chá”, organizada pola Comisión de Asociacións en contra das minas da Terra Cha.

  7. o noso seixo non é a súa mina

    A Terra Chá en pé de loita: O seixo é noso!

    21 de Maio do 2010 · 

     A Comisión de Asociacións decidimos organizar unha nova xornada–festival o vindeiro sábado 22 de maio, no recinto de Moexmu (Mostra Exposición de Muimenta), para seguirmos coa nosa actividade de denuncia e demandar a anulación da solicitude de extracción de seixo na Terra Chá solicitada pola empresa ERIMSA.


  8. non as minas na terra chá

    Festival reivindicativo en Muimenta: O noso seixo NON é a súa mina

    13 de Maio do 2010 · 

    Un mes despois do concerto en Muimenta da Caravana de Galiza Non se Vende, e da manifestación celebrada ao día seguinte en Santiago de Compostela, a Comisión de Asociacións en contra das Minas da Terra Chá continúa coa súa acción reivindicativa e de denuncia, dando conta das consecuencias que a actividade mineira na Terra Chá traería consigo de levarse finalmente a cabo.

  9. Margarida Prieto Ledo

    Palestra sobre o conflicto das minas na Terra Chá.

    10 de Maio do 2010 · 

    Este mércores, día 12 de maio, no centro social  Madialeva de Lugo. Contará coa participación de Margarida Prieto Ledo, coordenadora comarcal da Terra Chá e representante do SLG na Comisión de asociacións afectadas polas minas da Terra Chá.

  10. Margarida Prieto, coordenadora comarcal do SLG,  entrega a carta ao conselleiro

    A oposición ás minas na Terra Chá chégalle directamente ao conselleiro.

    12 de Abril do 2010 · 

    O pasado venres día nove, unha representacion da Comision de Asociacións en contra das Minas da Terra Cha, fixolle entrega o Conselleiro de Medio Rural Samuel Juárez dun escrito informándolle da problemática das minas de cuarzo.

  1. 1
  2. 2
  3. Seguinte