A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Terra e Estruturas: 2012

  1. Dispoñíbeis alegacións contra o proxecto ALTRI nos locais do Sindicato Labrego Galego

    Alegación ALTRI 22 de Marzo do 2024 · 

    Dende xa até o vindeiro venres 12 de abril, está dispoñíbel nos locais do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas un modelo de alegacións a cubrir pola cidadanía contra o proxecto ALTRI en Palas de Rei (Lugo). Se prefires, podes descargalo aquí mesmo (debaixo do cartaz á esquerda, na icona de libros) e levalo impreso, xa que tamén ofrecemos os nosos locais como puntos de recollida das alegacións. Para máis información, contacta co teu  local do SLG de referencia.

  2. O litixio xudicial fronte ao desenvolvemento eólico desproporcionado e inadecuado en Galicia non se paraliza

    Aquí non 27 de Decembro do 2023 · 

    Plataformas Veciñais, Grupos Ecoloxistas, Sindicatos e outros colectivos galegos avisan que o fallo do Supremo sobre o parque eólico de Corme non fará decaer a loita xudicial contra o espolio eólico que desafortunadamente está a ter lugar en Galicia e que pon en grave risco o desenvolvemento rural e sostible da nosa terra.

  3. A Reserva da Biosfera Terras do Miño confirma as denuncias de masificación industrial realizadas polo SLG-CCLL

    MargaridaPrieto_Moratoria 20 de Decembro do 2023 · 

    O 72,96% da potencia eólica instalada na provincia de Lugo acumúlase na Reserva da Biosfera: máis de 1.240 aeroxeradores. Solicitamos sexan incorporados ao Plan 2024-2034 os datos de proxectos en tramitación e conclusións do informe da UNESCO

  4. Máis dun cento de entidades ecoloxistas e sociais rexeitan a Axenda Mineira da Xunta por criminalizar a sociedade civil

    Manifestación Minas 20 de Decembro do 2023 · 

    Esixen á Xunta a retirada do documento porque vulnera os principios de neutralidade e obxectividade da administración, sendo absolutamente tendencioso. Denuncian que a estratexia da Xunta fomenta o ‘lawfare’ contra as organizacións sociais e ampara unha campaña descarada de proselitismo e propaganda en centros educativos.

  5. O Consello Científico do Comité Español do Programa MaB confirma múltiples irregularidades cometidas pola Xunta de Galicia na autorización da mina San Acisclo (Muras, Lugo)

    SanAcisclo 14 de Decembro do 2023 · 

    O proxecto non conta con avaliación de impacto ambiental e minusvalora ou obvia a elevada biodiversidade presente na zona. Normativas caducadas e opinións persoais que contradín os datos científicos, identificadas no proxecto de explotación

  6. A Xunta aproba un Decreto para que empresas e “expertos” privados se encarguen de avaliar as polémicas DIAs de macroproxectos enerxéticos e mineiros

    DIAS 3 de Xullo do 2023 · 

    Estratexia de legalización da violencia medioambiental da Xunta: decretos que fan legais irregularidades condenadas pola Xustiza. O Decreto 102/2023 permite que empresas e persoas a nivel privado suplan o traballo dos funcionarios/as públicos

  7. O SLG pide que se investiguen as denuncias de maltrato por parte da agroindustria Surexport

    surexplotación 21 de Xuño do 2023 · 

    Organizacións sociais alertan do illamento forzoso de traballadoras migrantes sobreviventes dun accidente en Huelva. Esta multinacional de orixe andaluza ten presenza na Terra Chá, onde tamén foron denunciadas vulneracións de dereitos laborais

  8. María Jesús Lorenzana herda os reveses dos Altos Tribunais, 30 recursos de alzada e un regueiro de pleitos xudiciais polos eólicos

    RdP160623-- 16 de Xuño do 2023 · 

    A nova conselleira terá que enfrontar as consecuencias das irregularidades cometidas nas autorizacións de proxectos eólicos. Asociacións cidadás de toda Galicia conminan á nova conselleira a acordar un desenvolvemento eólico sostible

  9. Solicitamos investigar urxentemente a morte de 4 animais ao pé dun polígono industrial eólico por mor dun raio

    vacaseólicos140623 15 de Xuño do 2023 · 

    Dirixímonos á CMR e á Consellaría de Industria para que aclare os detalles dun suceso que podería terse cobrado vidas humanas. Os aeroxeradores non só atraen, tamén xeran lóstregos. Galiza concentra unha salientábel cantidade de episodios eléctricos

  10. Alertamos dos graves riscos sociais implícitos no Anteproxecto de Lei de Promoción dos Beneficios Sociais e Económicos dos Proxectos que utilizan Recursos Naturais de Galicia

    LeiDepredación23 24 de Maio do 2023 · 

    O texto afonda na desprotección da poboación rural posibilitando a fragmentación eólica e debilitando as declaracións de impacto. Esta Lei situaría aos macroproxectos industriais como principais suxeitos de dereitos sobre o noso territorio e os nosos recursos

  11. Celebramos a crecente oposición e articulación social fronte á invasión de polígonos eólicos no medio rural

    SlgLugo210523 22 de Maio do 2023 · 

    O SLG, unha das máis de 100 organizacións que secundaron onte a manifestación convocada en Lugo por Un Vento Vén. Milleiros de persoas visibilizaron por terceira vez o rexeitamento da poboación das áreas urbanas ao espolio enerxético do rural

  12. O SLG pídelle á CMR medidas concretas para a seca e a suba de custos de produción

    seca 15 de Maio do 2023 · 

    Solicitamos activar unha mesa da seca para o sector agrario, plans de aforro hídrico conxuntos e apoios para as granxas. O RD non se axusta á realidade galega. Demandamos facer un traballo específico dende Galiza fronte á seca e á suba de custos

  13. Solicitamos que se informe no pleno do COGAMADS sobre a aprobación masiva de polígonos industriais eólicos

    cogamads2 11 de Maio do 2023 · 

    Pedimos información sobre o procedemento de aprobación simultánea de 77 DIAs en xaneiro e 75 polígonos eólicos en abril. Queremos saber o número de proxectos identificados como fraccionados ilegalmente e de avaliacións externalizadas

  14. Esiximos transparencia e información sobre os novos 75 polígonos industriais eólicos anunciados por Rueda

    75p 9 de Maio do 2023 · 

    O 26 de abril Rueda anunciou a aprobación en masa de 75 polígonos co único argumento de cumprir prazos administrativos. As súas DIAs foron aprobadas, tamén todas de golpe e condicionadas polos prazos administrativos, o pasado xaneiro

  15. Esiximos á Consellaría e Ministerio de Medioambiente que actúen fronte á contaminación de augas de ERIMSA

    balsafrades2 18 de Abril do 2023 · 

    Case dúas semanas despois do verquido de ERIMSA aos afluentes do Tambre ningún organismo contactou cas veciñas. Demandamos o esclarecemento dos feitos acaecidos o 4 de abril, valoración de posíbeis sancións e restitución ás afectadas

  16. Veciñanza de Loentia traslada á Subdelegada do Goberno a súa preocupación ante a posible instalación da agroindustria Surexport

    surexplotacion 14 de Abril do 2023 · 

    O deterioro de Doñana provocado polo acaparamento de augas da agroindustria de froitos vermellos alerta á veciñanza luguesa. Canda a rolda de contactos con institucións, as comuneiras valoran iniciar medidas xudiciais ante o a opacidade do proxecto

  17. O SLG denuncia a rotura dunha balsa mineira de Erimsa no río Tambre

    Concello de Frades 4 de Abril do 2023 · 

    Os feitos tiveron lugar no día de onte no Concello de Frades. Grazas á denuncia realizada polo SLG, o 112 avisouse aos concellos que poderían estar afectados para que tomen as medidas necesarias.

  18. Concentración contra a mina San Acisclo (Muras)

    ConcentraciónSanAcisclo 21 de Marzo do 2023 · 

    O domingo 26 de marzo ás 12h. na zona da mina. Esiximos a admisión dos recursos e a revocación dos permisos

  19. Organizacións galegas e asturianas esiximos o fin da invasión eólica como resposta para frear o despoboamento

    Taramundi 17 de Marzo do 2023 · 

    Desprazámonos ao encontro bilateral dos gobernos galego e asturiano hoxe en Taramundi para abordar o reto demográfico. Partido Popular e Partido Socialista modificaron leis para acelerar os macropolígonos e impedir que a poboación alegue

  20. Denunciamos actividade presuntamente ilegal na mina San Acisclo (Muras)

    sanacisclo2 15 de Marzo do 2023 · 

    Aportamos probas documentais da presenza de maquinaria e demandamos investigación e que se valoren posíbeis sancións. Entre as irregularidades da mina destacan o incumprimento da Directiva de Augas, Rede Natura e ausencia de licencia municipal

  21. Esiximos que o COGAMADS sexa unha ferramenta real de participación cidadá

    aldeaslibres 15 de Febreiro do 2023 · 

    Denunciamos a distorsión das funcións propias dos órganos de consulta social como o COGAMADS por parte da Xunta de Galicia. Solicitamos saber cantas granxas foron excluídas pola Xunta das axudas á produción ecolóxica nos espazos naturais protexidos

  22. Presentamos recurso de reposición fronte á autorización da Consellaría de Industria para a mina San Acisclo

    sanacisclo 13 de Febreiro do 2023 · 

    Reiteramos o cumio de irregularidades que arrodean a xestión administrativa desta solicitude e severa afección medioambiental. A Deputación de Lugo confirma ao SLG que non foi consultada sobre a afección da mina á Reserva da Biosfera Terras do Miño

  23. Instamos ao MITECO a paralizar todos os PE en tramitación até ser aprobada a Zonificación Agroambiental da PAC

    Carral_Arquivo 1 de Febreiro do 2023 · 

    Solicitamos entrevista co delegado do Goberno español para esixir o cumprimento de protección da produción de alimentos. Demandamos tamén á Xunta a suspensión de tódalas tramitacións de polígonos eólicos até contar ca nova delimitación

  24. A aprobación masiva de polígonos industriais eólicos evidencia violencia institucional contra a poboación

    Carral2901 27 de Xaneiro do 2023 · 

    A Xunta privilexia o negocio de empresas multinacionais sacrificando a saúde e a calidade de vida das galegas e galegos. O Sindicato Labrego súmase á convocatoria de manifestación que terá lugar este domingo 29 ás 12h. dende Carral

  25. Case medio milleiro de colectivos solicitan formalmente unha moratoria eólica nas Reservas da Biosfera

    AlienteLOGO 8 de Xullo do 2022 · 

    Campaña estatal da Alianza Enerxía e Territorio dirixida ao MITECO con destacada participación dos colectivos galegos. Máis da metade dos parques industriais en RB están na Galiza (1.212 eólicos). Están tramitándose 608 aeroxeradores máis

  26. Só a enerxía pór e para o pobo é unha enerxía xusta e sustentábel. Eólica así non. Temos alternativa

    EnerxíaPorEParaOPobo 4 de Xuño do 2022 · 

    Manifestación o domingo 5 de xuño, ás 12.00h. en Santiago de Compostela, convocada pola coordenadora “Eólica así non”. Marco legal de 1997, falsas moratorias, bloqueo do COGAMADS e sentenzas condenatorias evidencian a conivencia da Xunta co oligopolio enerxético.

  27. Máis de 200 colectivos uniranse este domingo á marcha convocada pola coordinadora "Eólica Así Non" por unha enerxía pór e para o pobo

    EólicaAsíNon 4 de Xuño do 2022 · 

    A Coordinadora Eólica Así Non acada a adhesión de 217 entidades e plataformas galegas de diferente índole (ecoloxistas, veciñais, culturais, sociais, sindicais, políticas…) que se botarán ás rúas de Compostela o vindeiro domingo, 5 de xuño, Día Internacional do Medio Ambiente, para reclamar un modelo enerxético xusto coa sociedade galega e sustentábel co medio ambiente

  28. A Conselleira impide por segunda vez un pronunciamento do COGAMADS sobre a invasión de polígonos eólicos

    GZlibredemacroeólicos2 31 de Maio do 2022 · 

    Nos días previos á segunda manifestación nacional contra os macroeólicos, a conselleira bloquea este órgano medioambiental. Solicitamos novamente a inclusión das demandas realizadas na anterior xuntanza e eliminación dos artigos 6 e 7 do RD 6/2022

  29. Campaña cidadá de alegacións á Folla de Ruta para a Xestión de Materias Primas aberta polo Ministerio

    Leito fluvial contaminado pola actividade mineira irresponsable no municipio de Touro (A Coruña) 11 de Abril do 2022 · 

    Animamos á participación nesta campaña para visibilizar a oposición social ao extrativismo salvaxe no noso medio rural. Petón do Lobo fornece modelos online para alegar ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO)

  30. Solicitamos un informe das afeccións da mina San Acisclo (Muras) sobre a Rede Natura e a RB Terras do Miño

    Muras2 21 de Marzo do 2022 · 

    A ampliación, proxectada en plena Rede Natura dentro dunha RB, non conta con avaliación ambiental, nin estudo hidrolóxico. En canto coñecimos a tramitación da nova ampliación mineira, rexistramos alegacións alertando das múltiples irregularidades

  31. Demandamos paralización inmediata do macroparque Caíño-Brancellao e activación urxente da moratoria eólica

    Caíño-Brancellao 17 de Marzo do 2022 · 

    Aumenta a oposición aos máis de medio cento de aeroxeradores do Caíño-Brancellao, da multinacional italiana Enel Green Power. Afecta Boimorto, Curtis, Vilasantar, Frades, Mesía, Ordes, Carral, Aranga, Curtis, Oza-Cesuras, Sobrado, Abegondo e Guitiriz.

  32. Alegamos contra o cúmulo de ilegalidades da ampliación da mina San Acisclo (Muras, Lugo)

    mina San Acisclo 2 de Marzo do 2022 · 

    O Sindicato Labrego Galego Galego, a asociación Petón do Lobo, Fundación Montescola, e Ecoloxistas en Acción Lugo, canda outros colectivos da Rede Galega Contra a Minería destructiva da Galiza, Contraminacción e entidades e asociacións ambientalistas da Terra Chá, como Espazo Agroecolóxico, A Estruga e Terra Chá Sostible, veñen de presentar alegacións contra a aprobación do proxecto de explotación e o plan de restauración da explotación de recursos mineiros da sección C) de ampliación a San Acisclo número 4076, situada no termo municipal de Muras (Lugo), da promotora Materiales Cerámicos Materias Primas SL.

  33. Demandamos que o Consello Científico estatal informe sobre os impactos da macrocentral hidroeléctica Xistral

    xistral balsa 23 de Febreiro do 2022 · 

    Demandamos  ao Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico e á Deputación de Lugo que soliciten ao Consello Científico -órgano asesor da UNESCO e dependente do Organismo Autónomo Parques Nacionales (OAPN), entidade responsábel de asegurar o correcto funcionamento da rede de biorreservas do Estado español-, un informe detallado ao respecto dos impactos que implicaría a macrocentral hidroeléctrica que o grupo aragonés Alatalaya Generación quere construír na Rerserva da Biosfera Terras do Miño.

  34. Denunciamos á conselleira Vázquez ante a Valedora do Pobo e solicitamos convocatoria urxente do COGAMADS

    Fóra eólicos do rural 17 de Febreiro do 2022 · 

    O Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas dirixiuse no día de hoxe á Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño, para formular unha reclamación contra a Presidenta do Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel (COGAMADS), a conselleira de medio ambiente Ángeles Vázquez, polas flagrantes irregularidades protagonizadas durante a última sesión do mesmo. Asemade, o vogal do SLG-CCLL no COGAMADS, Diego Sánchez Agra, solicituou tamén hoxe formalmente unha nova xuntanza do Consello Galego de Medio Ambiente, a fin de subsanar as lamentábeis deficiencias que se puxeron de manifesto durante a última sesión.

  1. Parque eólico

    O SLG inicia en Suevos (A Baña) unha campaña informativa sobre o parque eólico de Campo Pequeno

    12 de Xullo do 2012 · 

    O Sindicato Labrego Galego iniciará esta semana unha campaña informativa en Suevos (A Baña) sobre o impacto que terá nesta parroquia o parque eólico de Campo Pequeno. Neste momento, están en exposición pública a autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, a aprobación do proxecto de execución e o estudio de impacto ambiental deste proxecto enerxético. A declaración de utilidade pública implica a posibilidade de expropiación dun total de 392 parcelas afectadas.

  2. Non á forestación

    O SLG leva ao Valedor do Pobo un problema que pode deixar a Galiza sen capacidade para producir alimentos

    2 de Febreiro do 2012 · 

    A Lei de Prevención de Incendios Forestais do ano 2007 di, textualmente, que na terra de uso agrario non se poden plantar especies de uso forestal[1]. Sen embargo, non hai unha soa comarca de Galiza na que non se produza, de cotío, a violación flagrante desta lei sen que a Consellaría de Medio Rural faga nada por evitalo; e sen que dea resposta ás máis de duascentas denuncias interpostas por explotacións agrogandeiras en todo o país por este motivo, co asesoramento e apoio do Sindicato Labrego Galego.