A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Terra e Estruturas: 2015

  1. Punto de información catastral

    O SLG pedirá na Terra Chá que non se cobren atrasos do IBI nos inmobles agrarios da revisión catastral

    27 de Xullo do 2015 · 

    Aínda que non chegaron as cartas avisando da revisión catastral a Abadín, Xermade, Cospeito, Muras e Guitiriz; está previsto que estes concellos vivan en breve un proceso semellante ao que xa houbo en Vilalba. En concreto, en Abadín, Xermade e Cospeito comezou o 4 de novembro de 2014 e rematará o vindeiro 30 de outubro; mentres que en Muras e Guitiriz, o proceso botou a andar o 26 de xuño para concluír o 30 de xullo de 2016.

  2. Xuntanza Fanoi

    A ordenanza dos cultivos da parcelaria de Fanoi ameaza o futuro de medio cento de granxas en Abadín

    23 de Xullo do 2015 · 

    O Concello de Abadín segue teimando en facer da ordenanza municipal reguladora dos aproveitamentos agrícolas e forestais da concentración parcelaria de Fanoi un proceso escuro e pechado á opinión da veciñanza afectada. É a conclusión que sacamos dende o Sindicato Labrego Galego despois da xuntanza que mantivemos, na tarde do 21 de xullo, cos veciños e veciñas; coa empresa redactora, representada polo técnico Víctor Cruz; co alcalde, Xosé María López Rancaño; e con Ramón Losada, responsábel provincial de Medio Rural, que estivo acompañado por unha avogada da Consellaría.

  3. Parcelaria de Fanoi

    O SLG denuncia o regulamento da parcelaria de Fanoi por ilegal e non tolerará que o 50% da terra sexa de uso forestal

    9 de Xullo do 2015 · 

    O Sindicato Labrego Galego da Terra Chá vén de presentar alegacións á ordenanza municipal reguladora dos aproveitamentos agrícolas e forestais da zona de concentración parcelaria de Fanoi, en Abadín. A maiores dos defectos na exposición pública da ordenanza, sobre os que chamou a atención o SLG días atrás, o máis grave deste regulamento é que lle correspondía elaboralo á Consellaría de Medio Rural e non ao Concello de Abadín, xa que o proceso de concentración parcelaria en Fanoi aínda non rematou, polo que calquera norma que se aprobe ao respecto ten que xurdir da Consellaría.