Milleiros de labregas e labregos haitianos amosan o seu rexeitamento á doazón de 475 toneladas de millo híbrido que a multinacional Monsanto ofereceu ao goberno de Haiti no último mes de maio.
Entre o 27 e 28 de febreiro están tendo lugar na Faculdade de Filosofía da USC (Praza de Mazarelos, Compostela) as Xornadas Galegas de Soberanía Alimentar, organizadas pola Iniciativa pola Soberanía Alimentaria dos Pobos (ISAP), da cal o Sindicato Labrego Galego forma parte. Imaxes e arquivos de audio.
Os vindeiros 27 e 28 de febreiro terán lugar na Faculdade de Filosofía da USC (Praza de Mazarelos, Compostela) as Xornadas Galegas de Soberanía Alimentar, organizadas pola Iniciativa pola Soberanía Alimentaria dos Pobos (ISAP), da cal o Sindicato Labrego Galego forma parte.
Ás 20:30hrs. de mañá terá lugar no centro social A Gentralha do Pichel (Compostela) a palestra Transxénicos: unha ameaza real, na que intervirán Charo Sánchez -Secretaria de Medioambiente, Terra e Montes do SLG- e María Ogando - da organización ecoloxísta Verdegaia-, ámbalas dúas en representación da Plataforma Galega Antitransxénicos, da cal o Sindicato Labrego Galego forma parte.
O Sindicato Labrego Galego asinou onte o Manifesto Global contra as patentes sobre sementes e animais convencionais, en apoio á campaña mundial na contra das patentes e da privatización da alimentación.
A Coordinación Europea da Vía Campesina está presente no Foro sobre a Soberanía Alimentaria dos Pobos 2009, organizado dende hoxe até o vindeiro día 17 de novembro en Roma, paralelo ao cumio mundial da FAO sobre a seguridade alimentaria.
Por vez primeira unha organización labrega, canda organizacións sociais, ecoloxistas, de solidariedade e de consumidoras e consumidores, únense para demandar un comercio xusto, no norte e no sur.
Sindicato Labrego Galego, Amarante, Arbore, A Gradicela, Emaus, Semente, e Verdegaia coordinarán a realización de MERCADOS TRANSPARENTES en distintos puntos da Galiza o vindeiro sábado 9 de maio, dende as 11:30 da mañá, co gallo da celebración do Día Internacional do Comercio Xusto.
Na mañá de hoxe a Coordenadora da Vía Campesina en África, Mariam Sissoko, achegou a realidade das labregas e labregos de Mali ao alumnado e profesorado do IES O Ribeiro.
No marco da Semana Galega do Comercio Xusto, o Sindicato Labrego Galego colaborará coas organizacións Amarante e Verdegaia, na realización dunha xira na Galiza da dirixente campesiña Mariam Sissoko.