A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Soberanía Alimentaria>
  4. O SLG esixe a reestruturación do sistema alimentario mundial no marco das protestas organizadas hoxe pola Vía Campesina en Madrid

O SLG esixe a reestruturación do sistema alimentario mundial no marco das protestas organizadas hoxe pola Vía Campesina en Madrid

26 de Xaneiro do 2009

Lídia Senra, Secretaria de Organización do SLG, nas mobilizacións da Vía Campesina en Madrid

Lídia Senra, Secretaria de Organización do Sindicato Labrego Galego, e membra do Comité de Coordinación da Coordenadora Europea Vía Campesina , canda Isabel Vilalba, Secretaria de Servizos ao Medio Rural e Soberanía Alimentar, participaron na mañá de hoxe en Madrid nas protestas organizadas pola Vía Campesina, xunto a diferentes movementos sociais, con motivo da Reunión de Alto Nivel sobre Seguridade Alimentaria.

A alternativa existe: é a soberanía alimentaria, pola que cada país ten dereito a definir as súas políticas agrarias e alimentarias. Todo o que se necesita é a vontade política para pola en práctica.
A Vía Campesina, canda varias decenas de diferentes movementos sociais, reclamaron esta mañá no inicio da Conferencia de Alto Nivel sobre a Seguridade Alimentaria en Madrid,
unha profunda reestruturación do sistema alimentario mundial.

 Asemade, mostraron o seu descontento porque a Conferencia exclúe aos/ás principais interesad@s no debate sobre a crise alimentaria impedíndolles ter unha participación significativa.

 É un verdadeiro escándalo que este foro estea dominado polo Banco Mundial, o FMI e a OMC, así como polas empresas transnacionais como a polémica Monsanto, ás que se lles dá voz nos espazos de debate, namentres que @s representantes dos pequen@s agricultores/as - que producen o 80% dos alimentos a nivel mundial - fican con só uns minutos para achegar os seus posicionamentos.
Durante os últimos trinta anos, a política agrícola internacional foi dominada polas políticas destas institucións internacionais e, a pesares das súas promesas de reducir á metade o número de persoas que morren de fame no mundo para o ano 2015 a través dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, este vergoñento drama seguíu a aumentar en todo o mundo, alcanzando máis de mil millóns de persoas este ano.

 As políticas destas institucións e empresas transnacionais fracasaron completamente.

 Os/as pequen@s agricultores/as e os movementos sociais de todo o mundo promovemos un modelo baseado na soberanía alimentaria e orientado aos/ás labreg@s, coa agricultura de pequen@s e median@s produtores/as e a pesca artesanal como eixo fundamental, dando prioridade aos mercados locais e métodos de produción sustentábeis, un modelo baseado no dereito á alimentación e os dereitos dos pobos a definir as súas propias políticas agrícolas.
A crise alimentaria non é unha oportunidade para gañar máis diñeiro mediante a venda de fertilizantes, agroquímicos e sementes modificadas xeneticamente. Non se pode permitir que as grandes multinacionais traten de sacar proveito da desesperación de máis de mil millóns de persoas.

 A agroindustria e os organismos financeiros internacionais non poden ser os que lideren as respostas á crise alimentaria, carece de toda lóxica confiar a solución do problema a quenes o causaron.

 Dende o SLG, coma integrantes da Vía Campesina, esiximos que se poña fin ao desenvolvemento de novas iniciativas como o Grupo Operativo de Alto Nivel ou Alianza Mundial.

 Propostas similares, como o Consello Mundial da Alimentación e a Alianza Internacional contra a fame, fracasaron.

 Facemos un chamamento para un único espazo no interior da ONU para facer fronte á crise alimentaria coa participación plena dos movementos sociais e @s pequen@s produtoras/es de alimentos.

*Achegamos a declaración conxunta das organizacións presentes hoxe en Madrid.

 Moitas grazas pela vosa atención.

 Saúdas do Gabinete de Comunicación do Sindicato Labrego Galego

 

OBTERÁN MÁIS INFORMACIÓN CONTACTANDO CON

Lídia Senra, Secretaria de Organización do SLG e membra do Comité de Coordenación da Coordenadora Europea Vía Campesina

TLF: 609 845 861

Isabel Vilalba, Secretaria de Servizos ao Rural e Soberanía Alimentar

TLF: 608 905 444