A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Soberanía Alimentaria>
  4. Xornadas Galegas de Soberanía Alimentar

Xornadas Galegas de Soberanía Alimentar

28 de Febreiro do 2010

isap

Entre o 27 e 28 de febreiro están tendo lugar na Faculdade de Filosofía da USC (Praza de Mazarelos, Compostela) as Xornadas Galegas de Soberanía Alimentar, organizadas pola Iniciativa pola Soberanía Alimentaria dos Pobos (ISAP), da cal o Sindicato Labrego Galego forma parte. Imaxes e arquivos de audio.

A Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego (integrado na Vía Campesina) Carme Freire, canda Paul Nicholson, actor fundamental na conferencia de Nyéléni en representación da Vía Campesina, encetaron as xornadas expoñendo a soberanía alimentar como unha ferramenta democratizadora da alimentación.

isap

 

Mesa redonda   “Vivir da terra”, coas experiencias de Antonio Carral  (leite cru O Alle) e Fuco Barreiro, (Monte Cabalar).

isap

 

Mónica Vargas (Observatorio de la Deuda en la Globalización), reflexionou sobre a relación entre o modelo alimentar, a mudanza climática e as relacións Norte-Sul expoñendo o concepto de "anticooperación".

isap

A chilena Florencia Aróstica, dirixente da Asociación Nacional de Mujeres Rurales e Indígenas (integrada na Vía Campesina) expuso a situación no seu país e a posición da soberanía alimentaria na América Latina.

isap

 

"Enfriando o Planeta: Soberanía Alimentar e Mudanza Climática", con  Ferrán Garcia (Veterinarios Sin Fronteras/No Te Comas el Mundo).

isap isap

 

 

Mesa redonda "Vivir do Mar" coa participación de Fermín Fernández (ALGAMAR), Fernando Groullán (Cofraría de Cangas) e Isabel Pérez (Agrupación de mariscadoras a pé de Cambados).

isap

 

"Construíndo Soberanía Alimentar en África: A experiencia de Mozambique" a cargo  de Luís Mário Muchanga,  do sindicato agrario mozambiqueño União Nacional Camponesa  (UNAC), organización pertencente á Vía Campesina.

isapisap

 

Mesa redonda "Vivir sen Devorar: Situación e Retos do Consumo Responsábel en Galiza" (26´49´´), coa participación de Juan Carlos Carreja e Mª Carmen Pazos, produtores agrupados no proxecto Lentura, e Gonzalo Gesto Marcial Blanco,  consumidores pertencentes a cooperativas de consumo da Rede Galega de Consumo Consciente (Panxea e Zoca Miñoca, respectivamente).

ISAP

 

ISAP

 

 isapisap

 

*Arquivo para descarregar: Intervención de Carme Freire, Secretaria Xeral do SLG.

isap

 

 

 
A toma en consideración da Soberanía Alimentar podería dar resposta ás incontábeis crises dun mundo no que, de xeito totalmente irresponsábel, consumimos o que non producimos e producimos o que non consumimos. Xa está dispoñíbel o número 34 do suplemento Altermundo en pdf: http://www.altermundo.eu/images/altermundopdf/altermundo34.pdf

Carme Freire: "O movemento social é o único que pode facer variar a política institucional" <http://www.altermundo.org/content/view/3069/1/>
Muller e labrega. Dende o SLG representa a voz dese campesiñado ligado á terra que pula por unha produción alimentar afastada do mercantilismo, coa biodiversidade como guía e a soberanía alimentar como bandeira. Loita contra o seu propio exterminio. E contra o noso.

Construíndo a Soberanía Alimentar desde Galiza <http://www.altermundo.org/content/view/3070/1/>
A Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos (ISAP) reúne dez organizacións galegas preocupadas pola nosa alimentación e todo o de que ela deriva. Trátase, ao cabo, de xustiza social, dun ambiente saudábel e da conservación da cultura da terra, cada día máis ameazada. Un artigo de Xosé María García, coordinador da ISAP.

Para sermos xustos <http://www.altermundo.org/content/view/3074/1/>
Marga Tojo-. Pan o noso, cacao o deles; é o modelo máis equitativo de comercio xusto, o baseado na soberanía alimentar. En Galiza experimenta "unha efervescencia espectacular". Así o explica o avogado Gonzalo Gesto, socio da compostelá Panxea.

Crise e soberanía alimentaria: Vía Campesina e o tempo dunha idea <http://www.altermundo.org/content/view/3050/1/>
O millo e a comunalidade <http://www.altermundo.org/content/view/3071/1/>
Como nos imos alimentar? <http://www.altermundo.org/content/view/3072/1/>
 

Ficheiro adxunto