A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Soberanía Alimentaria>
  4. Veterinarios sen Fronteiras e SLG organizan este venres unha xornada para fomentar a compra pública de alimentos

Veterinarios sen Fronteiras e SLG organizan este venres unha xornada para fomentar a compra pública de alimentos

4 de Novembro do 2013

Curtocircuíto

Este venres, 8 de novembro, Veterinarios sen Fronteiras-Xustiza Alimentaria Global (VSF) e o Sindicato Labrego Galego organizan en Compostela unha xornada para potenciar a compra pública de alimentos na Galiza como ferramenta para traballar pola soberanía alimentaria. A actividade encádrase nunha campaña global que se está a desenvolver no Estado Español baixo o nome "Curtocircuíto".

Esta campaña está baseada nas conclusións da investigación publicada por VSF “Compra pública en sistemas alimentarios globais. Impactos sociais, ambientais e económicos”.

Para VSF e o Sindicato Labrego Galego, a compra alimentaria das administracións públicas pode e debe funcionar como impulsora dos mercados alimentarios locais e ten un enorme potencial para facelo non só mediante a súa acción lexislativa e orzamentaria, senón tamén como consumidoras e mercadoras de alimentos. Teñamos en conta que, no estado español, as administracións públicas destinan entre 2.000 e 3.000 millóns de euros a compras alimentarias para fornecer colexios, hospitais, centros penitenciarios e bancos de alimentos.

Con todos eses cartos, as administracións poden e deben ter un rol determinante para impulsar os mercados alimentarios locais, apoiar a agricultura familiar e ser un factor determinante no desenvolvemento rural non só a través de accións lexislativas e orzamentarias, senón converténdose, ademais en consumidoras e mercadoras de alimentos.

Pola contra, hoxe en día, os alimentos mercados en circuítos curtos de comercialización no estado español non chegan ao 3%, e unha de cada catro comidas servidas en escolas e hospitais están controladas por dúas empresas: Serunión e Eurest-Compass Group.

Nesta xornada á que te convidamos, imos presentar a guía de VSF “Compra pública en sistemas alimentarios globais. Impactos sociais, ambientais e económicos”, e aproveitaremos para crear un foro de debate e intercambio de experiencias entre labregos e labregas e axentes implicados na compra pública de produtos alimentarios como asociacións de pais e nais, concellos, bancos de alimentos, hospitais, universidades, etcétera.

Se desexas inscribirte na xornada, podes descargar o arquivo que se atopa no remate desta información onde atoparás todos os datos necesarios para participar.

Ficheiro adxunto