A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Soberanía Alimentaria: 2010

  1. X Congreso do SLG: Máis labregas, mellores alimentos. A vida das persoas e do planeta no centro!

    X Congreso 10 de Decembro do 2021 · 

    O vindeiro domingo 12 de decembro o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) celebrará o seu X Congreso en Vilalba (Lugo) baixo o lema "Máis labregas, mellores alimentos. A vida das persoas e do planeta no centro".

  1. Carme Freire no FME 2010

    Carme Freire no Foro Mundial de Educación para a Paz 2010

    9 de Decembro do 2010 · 

    Intervención da secretaria xeral do SLG, Carme Freire, no Foro Mundial de Educación para a Paz 2010 celebrado en Compostela. Carme Freire fala da soberanía alimentaria dos pobos coma garantía de convivencia pacífica, e de como a privatización da auga -co exemplo da Lei de Augas de Galiza- pode ser fonte de conflitos no futuro.

  2. Isabel Vilalba na FAO

    Isabel Vilalba regresa da asemblea da FAO en Roma tras defender a agricultura labrega e sustentábel como solución á fame no mundo

    15 de Outubro do 2010 · 

    A responsábel de Mulleres e de Soberanía Alimentaria do SLG, Isabel Vilalba, vén de regresar a Galiza tras botar cinco días en Roma participando na asemblea da Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO). Vilalba foi parte activa do Foro da Sociedade Civil, que se desenvolveu do 9 ao 11 de outubro, en representación da Marcha Mundial das Mulleres e da Vía Campesina.

  3. Isabel Vilalba

    Isabel Vilalba representará á Marcha Mundial das Mulleres na asemblea da FAO desta fin de semana en Roma

    8 de Outubro do 2010 · 

    A responsábel da Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, partiu hoxe, 8 de outubro, cara a Roma, para participar na Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) en representación da Marcha Mundial das Mulleres, da que o SLG forma parte.

  4. haiti rexeita monsanto

    Haití: Marcha contra Monsanto e pola soberanía alimentaria

    7 de Xuño do 2010 · 

    Milleiros de labregas e labregos haitianos amosan o seu rexeitamento á  doazón de 475 toneladas de millo híbrido que a multinacional Monsanto ofereceu ao goberno de Haiti no último mes de maio.

  5. isap

    Xornadas Galegas de Soberanía Alimentar

    28 de Febreiro do 2010 · 

    Entre o 27 e 28 de febreiro están tendo lugar na Faculdade de Filosofía da USC (Praza de Mazarelos, Compostela) as Xornadas Galegas de Soberanía Alimentar, organizadas pola Iniciativa pola Soberanía Alimentaria dos Pobos (ISAP), da cal o Sindicato Labrego Galego forma parte. Imaxes e arquivos de audio.

  6. ISAP

    Xornadas Galegas de Soberanía Alimentar

    25 de Febreiro do 2010 · 

    Os vindeiros 27 e 28 de febreiro terán lugar na Faculdade de Filosofía da USC (Praza de Mazarelos, Compostela) as Xornadas Galegas de Soberanía Alimentar, organizadas pola Iniciativa pola Soberanía Alimentaria dos Pobos (ISAP), da cal o Sindicato Labrego Galego forma parte.

  7. a gentalha do pichel

    Transxénicos: unha ameaza real.

    27 de Xaneiro do 2010 · 

    Ás 20:30hrs. de mañá terá lugar no centro social A Gentralha do Pichel (Compostela) a palestra Transxénicos: unha ameaza real, na que intervirán Charo Sánchez -Secretaria de Medioambiente, Terra e Montes do SLG- e María Ogando - da organización ecoloxísta Verdegaia-, ámbalas dúas en representación da Plataforma Galega Antitransxénicos, da cal o Sindicato Labrego Galego forma parte.

  8. non ás patentes

    O SLG continúa na loita contra as patentes. Non á "monsantorización" das plantas e os animais de granxa

    19 de Xaneiro do 2010 · 

    O Sindicato Labrego Galego asinou onte o Manifesto Global contra as patentes sobre sementes e animais convencionais, en apoio á campaña mundial na contra das patentes e da privatización da alimentación.