A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Soberanía Alimentaria: 2013

  1. Compra pública

    Os 3.000 millóns de euros que a administración gasta cada ano en alimentos serían un revulsivo para o medio rural

    10 de Novembro do 2013 · 

    A Xunta de Galiza ten orzamentado só para este curso case 29 millóns de euros para comedores escolares, e iso cando vén de impoñer o copagamento neste servizo para poder darlle una retallada máis ao noso sistema educativo. Moitos deses cartos van para grandes empresas de cátering ou se gastan, maioritariamente, en mercar os alimentos a almacenistas que sempre optan polos produtos máis baratos sen ter en conta a súa procedencia, impacto medioambiental ou frescura.

  2. Curtocircuíto

    Veterinarios sen Fronteiras e SLG organizan este venres unha xornada para fomentar a compra pública de alimentos

    4 de Novembro do 2013 · 

    Este venres, 8 de novembro, Veterinarios sen Fronteiras-Xustiza Alimentaria Global (VSF) e o Sindicato Labrego Galego organizan en Compostela unha xornada para potenciar a compra pública de alimentos na Galiza como ferramenta para traballar pola soberanía alimentaria. A actividade encádrase nunha campaña global que se está a desenvolver no Estado Español baixo o nome "Curtocircuíto".

  3. Belén Fervenza

    O SLG reforzará a Rede Galega de Sementes grazas a un intercambio con organizacións agrarias europeas

    31 de Outubro do 2013 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de participar no primeiro Seminario Europeo sobre Sementes, organizado pola Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC) e a Federación Natureza e Progreso en Gaillac (Francia). Representaron ao SLG a vicerresponsable da Dirección da Horta, Belén Fervenza, e a técnica Conchi Mogo. Ambas participaron, durante tres días, nesta experiencia formativa na que os labregos e as labregas participantes intercambiaron coñecementos prácticos relativos á reprodución, selección e conservación das sementes. Tamén se levaron a cabo unha visita a unha granxa, unha conferencia pública e unha bolsa de intercambio de sementes labregas.

  4. Comercio xusto

    Amarante e Sindicato Labrego celebraron en Teo, Ribadeo e Pontevedra o Dia Internacional do Comercio Xusto

    9 de Maio do 2013 · 

    Co lema “Mulleres na defensa do comercio xusto no Norte e no Sur”, o Sindicato Labrego Galego e Amarante Setem celebrou, o 11 de maio, o Día Internacional do Comercio Xusto en Ribadeo, Teo e Pontevedra coa intención de facer visible o traballo feito polas mulleres na loita pola igualdade e en defensa dun comercio xusto.